Pode ver a información completa así como as condición de compra nesta ligazón
O Proxecto Ríos é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos nosos ríos. Fundaméntase na realización de inspeccións do estado dos ríos galegos por parte de persoas ou grupos voluntarios a nivel local, co obxectivo final de facerse responsábeis da vixianza (adopción) do río que pasa polo seu municipio ou localidade.
aCentral Folque é un proxecto fundamentado no estudo,
promoción e divulgación da música galega cun enfoque aberto, global e
contemporáneo. Exerce a súa actividade nas áreas de docencia regular en
escolas de Santiago e Pontevedra e de produción profesional de eventos
escénicos e pedagóxicos.
aCentral Folque vén avalada pola experiencia de sete anos de funcionamento do CMTF
de Lalín nos que se consolidou como centro de referencia nacional e
internacional, atraendo a alumnado de toda a xeografía galega e
estudantes chegados de Estados Unidos, Estonia, Portugal, Romanía… a
pesar da carencia dunha titulación oficial para este tipo de ensinanza
na Galiza.
Unha completa biblioteca onde podemos encontrar ficha dos nosos escritores e escritoras e algunhas escolmas de textos.
Páxina do Instituto Camões onde podemos encontrar todo tipo de información sobre Lingua e Cultura Portuguesa
Esta asociación naceu no ano 1989, sen ánimo de lucro e cos seguintes fins, competencias e funcións:
Defender e promover a cultura e a lingua galega a través da literatura infantil e xuvenil.
Recoller, promover, programar e executar iniciativas que tendan á promoción do libro infantil e xuvenil.
Prestar asesoramento e cooperación ás entidades ou persoas, administración e sectores interesados nestes fins, tanto dentro coma fóra de Galicia.
Asumir a representacion galega nas organizacións estatais ou internacionais, con todas as responsabilidades e obrigas que isto comporte.
Establecer coas entidades públicas e privadas os convenios precisos para un mellor cumprimento dos seus fins.
Con letras de Marica Campo e interpretado polo grupo Pirilampo o disco poderase comprar no mes de outubro a 15 euros cada exemplar. O traballo, que consta de 14 temas, aparecerá ao público en formato CD e formato DVD. No DVD aparecerán 8 temas con vídeo.
As persoas que desexen facer reserva terán un prezo reducido de 10 euros se non están asociadas á AS-PG e de 8 euros se son socios ou socias da AS-PG.
Quen desexe facer a reserva deberá ingresar na conta 2091-0000-35-3040150083 a cantidade correspondente e logo enviar un correo a informacion@as-pg.com no que indique o seu nome e apelidos e o enderezo ao que se debe enviar o(s) disco(s) unha vez que as copias estean en poder da as-pg. Só se poderán reservar un máximo de 5 copias por persoa. Non se considerará a reserva se previamente non se fai o ingreso.
A Sala Nasa colga na rede gran parte do seu fondo documental con 15 anos de gravacións de obras de concertos, obras de teatro, danza… O portal RedeNasa.tv, busca artellar unha rede social baseada en contidos enviados por artistas e espectadores. Un dos obxectivos finais, segundo explican dende a Sala Nasa, é crear unha "canle de televisión" na internet que mesture as novas creacións con gravacións do importante ‘fondo de armario’ da nave.
Esta páxina do Consello da Cultura Galega é un centro de documentación dixital para divulgar e investigar as contribucións das mulleres á sociedade e cultura galegas. Ligazón
Eufalo.TV é un defínese como un documental colaborativo sobre a lingua e os falantes. É un produto d´A Navalla Suíza.
Na seguinte ligazón