Out 272021
 

Concurso de Podcasts

Algo que contar? Algo que cantar?

A Asociación Socio-Pedagóxica Galega organiza este concurso coa finalidade de fomentar o uso oral do galego en todos os contextos, neste caso utilizando novos medios de comunicación que poden ser canles de divulgación de contidos relativos a calquera tipo de coñecemento. Son formatos novos que poden  potenciar novas formas e procesos expresivos.

Bases do concurso

  1. Os podcasts terán que ser gravacións orixinais que poderán versar sobre calquera tema.
  2. Todo o podcast estará en galego.
  3. Valorarase a calidade lingüística e o seu carácter construtivo (linguaxe non discriminatoria, linguaxe non sexista), a comunicación e espontaneidade.
  4. Os/as participantes concursarán individualmente e ou en grupo. Poderán participar cun máximo de tres podcast.
  5. O resultado será unha peza radiofónica gravada nun arquivo .mp3 dunha extensión máxima de 10 minutos. A superación dese tempo pode supor a descualificación.
  6. O concurso vai destinado a dúas categorías:

            – Categoría xeral

            – Centros de ensino

  • Os podcasts participantes será publicados na nosa páxina web:  https://www.as-pg.gal/Podcast/ dentro da canle Podcasts 2021.
  • Haberá un primeiro premio de 300 euros para o mellor podcast de cada categoría. Un segundo premio de 200 euros en cada categoría.
  • Inscrición:

            As/os participantes deberán enviar a seguinte documentación

  • Ficha de inscrición con todos os datos requeridos.

http://bitaculas.as-pg.gal/wp-content/uploads/2021/10/FICHA-PARTICIPANTES-Centros-de-Ensino.pdf

http://bitaculas.as-pg.gal/wp-content/uploads/2021/10/FICHA-PARTICIPANTES-CATEGORIA-XERAL.pdf

  • Na categoría de centros de ensino, fotocopia do director/directora e permiso das familias das persoas participantes.

As pezas gravadas deberán ser enviadas ao correo informacion@as-pg.gal. O prazo remata o 15 de decembro.

.

10. Xurado

A AS-PG como entidade organizadora, nomeará un xurado que estará composto por persoas de recoñecida profesionalidade do mundo da comunicación e da creación.

O xurado designará un máximo de tres obras finalistas en cada categoría. Entre esas finalistas estarán as gañadoras.

A composición do xurado farase pública na web da AS-PG. O ditame do curado será inapelable.

11. Entrega de premios

As pezas gañadoras daranse a coñecer despois da deliberación, na web da AS-PG arredor do 20 de decembro. Non haberá acto de entrega de premios presencial pola situación sanitaria na que vivimos.

12. Responsabilidade

A persoa representante da obra será a única responsable legal do podcast.

As obras admitidas poden ser emitidas naqueles actos sen ánimo de lucro organizados para a promoción do concurso.

A participación neste concurso supón a aceptación plena destas bases.

A Coruña, outubro de 2021.

Dec 302020
 

ACTA DO XURADO

I CONCURSO DE PODCAST: ALGO QUE CANTAR? ALGO QUE CONTAR? 2020

O xurado do I Concurso de Podcast: Algo que cantar? Algo que cantar? convocado pola

Asociación Socio-Pedgáxica Galega (AS-PG) coa finalidade de potenciar novas formas e procesos comunicativos, formado por:

  • María Miragaya Pereira, educadora
  • Luz Rivas Troiteiro, educadora
  • Acordou por unanimidade declarar gañadoras desta I edición do Concurso

CATEGORÍA XERAL:

1º Premio: O que o vento non levou, de Sabela Iglesias Reviejo

2º Premio: Pampillo, de Teresa Pérez Lousame

CENTROS DE ENSINO:

1º Premio: Remendando música, de Sara Rey Lestido. Lucía Romar Ríos. Alba Sueiro Soto, do IES Milladoiro

2º Premio: A Guerra das Galaxias, unha película de Ronald Reagan, de Antía Novás Arribas, do IES Illa de Ons

A Coruña, 30 de decembro de 2020.

Este concurso foi realizado coa colaboración da Deputación da Coruña.