

Celébranse en Santiago o 12 de febreiro, no IES As Fontiñas. A matrícula xa está aberta.
Algo que contar? Algo que cantar?
O xurado decidiu outorgar os premios aos seguintes participantes
Categoría Xeral:
As editoras ágrafas, Daniel Chapela
Categoría Centros de ensino:
Cun pé diante do outro. As Fragas do Eume.
Autores: Xosé Pena Paz, Hadrián Gómez Graña e Iago Eiroa Zas do CPR Compañía de María (A Coruña)
En breve estarán dispoñibles na nosa páxina, na sección Multimedia.
O xurado do certame Coreografíate formado por
Xiana Vilas, coreógrafa, bailarina e docente.
e
Sofía Espiñeira, cantautora bailarina e actriz.
decidiu outorgar os premios ás seguintes coreografías:
CATEGORÍA XERAL
1º PREMIO: Et Suseia
2º PREMIO: Marián Veiras
CATEGORÍA CENTROS DE ENSINO
1º PREMIO: IES Adormideras
2º PREMIO: CEIP Centieiras
Poderedes ver os vídeos na nosa canle de Youtube a partir do día 20 de decembro.
Certame organizado pola AS-PG en colaboración coa Deputación da Coruña.
O xurado do XX Concurso de relato oral Tíralle da Lingua composto por:
Beatriz Maceda, ensinante e escritora
Emma Pedreira, filóloga e escritora
Xiana de la Peña, bibliotecaria e contadora
Decidiu outorgar os seguintes premios:
Primaria
1º premio “Historia do nome de Chantada”, Teixo Ocaña Moure 5º de primaria, CEIP Xoán de Requeixo
2º premio “A raíña Lupa”, Adriana Landeira Salgueiro e Iria Seoane Villar 6º de primaria, Colexio Manuel Peleteiro
Primeiro ciclo da ESO
1º premio “Os Chepudos e as bruxas“, Ángela Pérez Vázquez, 2º ESO, IES Aquis Querquernis
2º premio: “Quince minutos”, Lidia Chapel e Carolina López, 3º ESO, IES Breamo
4º ESO e Ensino postobrigatorio
1º premio: “Unha persoa e unha sombra“, Nerea Bernal Fernández, 1º Ciclo Medio de Pastelaría, CIFP Fragas do Eume
2º premio: “Noite de Rolda”, Lucía Castrillo, 4º de ESO, IES Soutomaior
O xurado do XI Certame de Curtas da AS-PG en colaboración co Concello da Coruña constituído por
Acordou por unanimidade declarar finalistas desta XI edición do Certame
Cidade de uralita de Xandra Táboas Martínez
Imago de Omar Rabuñal Varela
Maroñas de Noelia Papín
Intemperiámonos con Xela Arias de Fernando Abreu Fernández. Comunicación audiovisual IES Salvaterra de Miño
Pegadas no camiño de María González Rivas, IES de Poio
Prendamos a luz de Elsa Fernández López, Andrea García Varela e Uxía Veiga López do IES de Arzúa
O acto de entrega de premios será no Fórum Metropolitano o día 20 de decembro ás 6.30 da tarde.
A Coruña, 9 de decembro 2021
Concurso de Podcasts
Algo que contar? Algo que cantar?
A Asociación Socio-Pedagóxica Galega organiza este concurso coa finalidade de fomentar o uso oral do galego en todos os contextos, neste caso utilizando novos medios de comunicación que poden ser canles de divulgación de contidos relativos a calquera tipo de coñecemento. Son formatos novos que poden potenciar novas formas e procesos expresivos.
Bases do concurso
– Categoría xeral
– Centros de ensino
As/os participantes deberán enviar a seguinte documentación
http://bitaculas.as-pg.gal/wp-content/uploads/2021/10/FICHA-PARTICIPANTES-Centros-de-Ensino.pdf
http://bitaculas.as-pg.gal/wp-content/uploads/2021/10/FICHA-PARTICIPANTES-CATEGORIA-XERAL.pdf
As pezas gravadas deberán ser enviadas ao correo informacion@as-pg.gal. O prazo remata o 15 de decembro.
.
10. Xurado
A AS-PG como entidade organizadora, nomeará un xurado que estará composto por persoas de recoñecida profesionalidade do mundo da comunicación e da creación.
O xurado designará un máximo de tres obras finalistas en cada categoría. Entre esas finalistas estarán as gañadoras.
A composición do xurado farase pública na web da AS-PG. O ditame do curado será inapelable.
11. Entrega de premios
As pezas gañadoras daranse a coñecer despois da deliberación, na web da AS-PG arredor do 20 de decembro. Non haberá acto de entrega de premios presencial pola situación sanitaria na que vivimos.
12. Responsabilidade
A persoa representante da obra será a única responsable legal do podcast.
As obras admitidas poden ser emitidas naqueles actos sen ánimo de lucro organizados para a promoción do concurso.
A participación neste concurso supón a aceptación plena destas bases.
A Coruña, outubro de 2021.
A CIG-Ensino e a AS-PG presentan o programa das I Xornadas de Historia. Está aberta a matrícula na nosa páxina web: https://www.as-pg.gal/Xestion/Curso/EncontrarCursos.do?identifierType=CURSO_ID&identifier=502
BASES DO I CERTAME Coreografíate
I.- ORGANIZACIÓN
O Certame Coreografíate da AS-PG é un evento organizado e xestionado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega nun apoio á música realizada en galego como forma de comunicación e divulgación da lingua e música galega.
As coreografías gañadoras daranse a coñecer no enderezo http://bitaculas.as-pg.gal
II.- TEMÁTICA
As coreografías deberán ser realizadas tomando como base un tema musical en galego do xénero que sexa.
No vídeo enviado deberá constar o título e o grupo creador dese tema.
III. NORMAS DE PARTICIPACIÓN
1. Os vídeos poderán enviarse por wetransfer a informacion@as-pg.gal ou en DVD. O formato de exportación debe ser preferentemente .mp4, .mov ou .avi.
No caso de ser en DVD deberán enviarse ou presentarse no enderezo:
Asociación Socio-Pedagóxica Galega
Coreografía
Rúa Laracha, 9 baixo
15010 A Coruña
2. Prazo: os vídeos deberán ser recepcionados na AS-PG antes das 14 horas do 1 de decembro de 2021.
3. Cada participante poderá presentar un máximo de tres obras.
4. O material enviado ao inscribirse non será devolto.
5. Os vídeos participantes poderán ser difundidos a través da páxina web da AS-PG e das súas redes sociais.
6. As gravacións nas que aparezan menores de idade, terán que ir acompañadas do permiso dos e das responsables legais de ditas persoas menores de idade.
IV. CATEGORÍAS
1. Categoría xeral Mellor Coreografía.
2. Categoría Mellor Coreografía Centros de Ensino.
V. PREMIOS
1. Categoría xeral
– Premio á Mellor Coreografía dotado de 300€ .
– 2º Premio dotado con 200 € + Diploma.
2. Categoría Centros de Ensino
– 1º Premio, dotado cun lote de Cds, 200 € e Diploma.
– 2º Premio, dotado cun lote de Cds, 150 € + Diploma.
VI. INSCRICIÓN
Os/As participantes deberán enviar a seguinte documentación:
* Ficha de inscrición con todos os campos cubertos. No caso de presentar máis dunha coreografía deberanse enviar tantas fichas como obras.
* Na Categoría Xeral ——
* Na Categoría Centros de ensino, fotocopia do DNI do director ou directora do centro.
* Ficha de inscrición web http://bitaculas.as-pg.gal/wp-content/uploads/2021/10/fichacoreografiate-1.pdf
entrada Curtas
* Poderá ser enviada por correo electrónico a informacion@as-pg.gal ou a
Asociación Socio-Pedagóxica Galega
Coreografíate
Rúa Laracha, 9 baixo
15010 A Coruña
VII. XURADO
A AS-PG, como entidade organizadora deste evento, nomeará un xurado que designará os traballos gañadores.
Calquera cuestión referida á interpretación e aclaración das bases corresponde á Organización, non cabendo contra ela ningunha reclamación.
O ditame do xurado é inapelable.
IX. RESPONSABILIDADE
A persoa representante da coreografía será a única responsable legal da mesma.
A participación neste certame supón a aceptación plena destas bases.