patriciavarela

Dec 112023
 

CATEGORÍA CENTROS DE ENSINO:

1º PREMIO: AS MOIRAS – IES Fene

2º PREMIO: ANTÍGONA – CEIP Fogar

MENCIÓN ESPECIAL Orixinalidade e posta en escena:

ROMARÍA NO CAMPO DA FESTA –  CEIP Manuel Cordo Boullosa

MENCIÓN ESPECIAL Actitude e traballo grupal

Todas as coreografías do CEIP Plurilingüe de Ponzos

CATEGORÍA XERAL:

1º PREMIO: CANTA MIÑA SOMBRA – Escola Municipal de Danza (Oleiros) e May Dance Studio (Fene)

2º PREMIO: A MOURA (COUSA DE MEIGAS) – AC Tanxedoira

Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña.

Nov 292023
 

O xurado do XIII Certame de Curtas da AS-PG, convocado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) coa finalidade de explorar e divulgar a Literatura Galega a través do cinema, formado por:

  1. José Manuel Sande, crítico de cine e escritor cinematográfico.
  2. Mónica García Iglesias, responsable da área de educación da Filmoteca de Galicia.
  3. Martin Pawley, produtor, programador, crítico de cine e divulgador cinematográfico.

Acordou por unanimidade declarar finalistas da XIII edición do Certame:

  1. 1. Categoría Mellor Curta da XIII edición

Arden as bruxas, de Miriam Rodríguez

Esa dor de non verte, de Omar Rabuñal Varela

Eu en ti, de Iria Álvarez

  1. 2. Categoría Centros de Ensino da XIII edición

Non estás soa. Non cales. Non te peches. Non es a culpábel, IES Salvaterra de Miño

O cascabel da gata, CEIP Plurilingüe Ponzos de Ferrol

Pobos, IES Santiago Basanta Silva de Vilalba

A entrega de premios terá lugar o xoves 14 de decembro ás 17:30 no Centro Galego de Artes da Imaxe (Filmoteca de Galicia), Rúa Durán Loriga 10 – A Coruña.

Set 272023
 

28 de outubro de 2023

Unha iniciativa da AELG co apoio da Deputación Provincial de Lugo e a colaboración da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega

A XVI Xornada de Literatura de Tradición Oral terá lugar o 28 de outubro no Salón de Actos da Deputación de Lugo (Rúa San Marcos, 8).

A inscrición será obrigatoria e previa, con matrícula gratuíta, seguindo estes criterios:

– As persoas que queiran dispor da homologación da Consellaría de Cultura, Educación e Universidade, por un total de 8 horas, deberán inscribirse directamente a través desta ligazón.
– As persoas que desexen recibir un certificado de asistencia por parte da AELG, e aquelas que queiran asistir sen obter homologación nin certificado, deberán incribirse enviando un correo electrónico a oficina@aelg.org Nel indicarase o nome, apelidos e Documento de Identidade.

XVI Xornada de Literatura de Tradición oral