Nov 292023
 

O xurado do XIII Certame de Curtas da AS-PG, convocado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) coa finalidade de explorar e divulgar a Literatura Galega a través do cinema, formado por:

  1. José Manuel Sande, crítico de cine e escritor cinematográfico.
  2. Mónica García Iglesias, responsable da área de educación da Filmoteca de Galicia.
  3. Martin Pawley, produtor, programador, crítico de cine e divulgador cinematográfico.

Acordou por unanimidade declarar finalistas da XIII edición do Certame:

  1. 1. Categoría Mellor Curta da XIII edición

Arden as bruxas, de Miriam Rodríguez

Esa dor de non verte, de Omar Rabuñal Varela

Eu en ti, de Iria Álvarez

  1. 2. Categoría Centros de Ensino da XIII edición

Non estás soa. Non cales. Non te peches. Non es a culpábel, IES Salvaterra de Miño

O cascabel da gata, CEIP Plurilingüe Ponzos de Ferrol

Pobos, IES Santiago Basanta Silva de Vilalba

A entrega de premios terá lugar o xoves 14 de decembro ás 17:30 no Centro Galego de Artes da Imaxe (Filmoteca de Galicia), Rúa Durán Loriga 10 – A Coruña.

 Leave a Reply

You may use these HTML tags and attributes: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

(required)

(required)