admin

Ago 302010
 

O Proxecto Ríos é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos nosos ríos. Fundaméntase na realización de inspeccións do estado dos ríos galegos por parte de persoas ou grupos voluntarios a nivel local, co obxectivo final de facerse responsábeis da vixianza (adopción) do río que pasa polo seu municipio ou localidade.

 Posted by at 00:00
Ago 242010
 

aCentral Folque é un proxecto fundamentado no estudo,
promoción e divulgación da música galega cun enfoque aberto, global e
contemporáneo. Exerce a súa actividade nas áreas de docencia regular en
escolas de Santiago e Pontevedra e de produción profesional de eventos
escénicos e pedagóxicos.
aCentral Folque vén avalada pola experiencia de sete anos de funcionamento do CMTF
de Lalín nos que se consolidou como centro de referencia nacional e
internacional, atraendo a alumnado de toda a xeografía galega e
estudantes chegados de Estados Unidos, Estonia, Portugal, Romanía… a
pesar da carencia dunha titulación oficial para este tipo de ensinanza
na Galiza.

http://www.folque.com/

 Posted by at 23:36
Ago 092010
 

Esta asociación naceu no ano 1989, sen ánimo de lucro e cos seguintes fins, competencias e funcións:

Defender e promover a cultura e a lingua galega a través da literatura infantil e xuvenil.

Recoller, promover, programar e executar iniciativas que tendan á promoción do libro infantil e xuvenil.

Prestar asesoramento e cooperación ás entidades ou persoas, administración e sectores interesados nestes fins, tanto dentro coma fóra de Galicia.

Asumir a representacion galega nas organizacións estatais ou internacionais, con todas as responsabilidades e obrigas que isto comporte.

Establecer coas entidades públicas e privadas os convenios precisos para un mellor cumprimento dos seus fins.

 Posted by at 00:00
Ago 062010
 

A AS-PG porá a venda, no mes de outubro, un novo disco

 Con letras de Marica Campo e interpretado polo grupo Pirilampo o disco poderase comprar no mes de outubro a 15 euros cada exemplar. O traballo, que consta de 14 temas, aparecerá ao público en formato CD e formato DVD. No DVD aparecerán 8 temas con vídeo.Portada do disco

As persoas que desexen facer reserva terán un prezo reducido de 10 euros se  non están asociadas á AS-PG e  de 8 euros se son socios ou socias da AS-PG.

Quen desexe facer a reserva deberá ingresar na conta 2091-0000-35-3040150083 a cantidade correspondente e logo enviar un correo a informacion@as-pg.com no que indique o seu nome e apelidos e o enderezo ao que se debe enviar o(s) disco(s) unha vez que as copias estean en poder da as-pg. Só se poderán reservar un máximo de 5 copias por persoa. Non se considerará a reserva se previamente non se fai o ingreso.

 Posted by at 13:11
Ago 022010
 

A Sala Nasa colga na rede gran parte do seu fondo documental con 15 anos de gravacións de obras de concertos, obras de teatro, danza… O portal RedeNasa.tv,  busca artellar unha rede social baseada en contidos enviados por artistas e espectadores. Un dos obxectivos finais, segundo explican dende a Sala Nasa, é crear unha "canle de televisión" na internet que mesture as novas creacións con gravacións do importante ‘fondo de armario’ da nave.

 Posted by at 00:00
Xul 262010
 

Esta páxina do Consello da Cultura Galega  é un centro de documentación dixital para divulgar e investigar as contribucións das mulleres á sociedade e cultura galegas. Ligazón

 Posted by at 00:00
Xul 152010
 

A sociedade é dinámica e está cambiando a cotío. Novas dúbidas que en tempos pasados existían en menor medida son na actualidade os problemas candentes que nos xorden á hora de educar os nosos fillos e filla. As novas estruturas familiares, o consumo de drogas, o tratamento que debemos darlle á aparición da sexualidade dos nosos nenos e nenas son temas que interesan e preocupan ás familias de xeito particular e á sociedade en xeral. E por suposto tamén temas como a educación en igualdade.

Mais esta preocupación xeral non impide que existan sectores da sociedade que se senten garantes dun sistema de valores que hoxe non son os maioritarios e que procuran, a través de institucións por eses mesmos sectores controladas, xa sexan educativas, relixiosas, económicas ou informativas, prolongar no tempo e estender socialmente un sistema de valores impropio da sociedade actual.

Naturalmente, os órganos de poder non son alleos a esta circunstancia e os Gobernos amparan este tipo de actuacións, case sempre en nome da liberdade de opción/elección de pais e nais, permitindo que prevalezan os dereitos de pais e nais sobre o dereito dos fillos e fillas a recibir unha educación que os forme como persoas capaces de poderen decidir, con coñecemento e fundamento, as opcións que no futuro mellor os capaciten como persoas.

Veñen estes comentarios a propósito dun vídeo que circula estes días por Internet e que nos mostra unha festa fin de curso do alumnado do 2º Ciclo de Educación infantil do Colexio Maristas de Sanlúcar la Mayor.

Podemos ver a patética escenificación do verdadeiro adoutrinamento, practicado de maneira máis brutal do que na etapa franquista, por canto o franquismo non se preocupaba aínda dos nenos e nenas destas idades, alonxados do sistema escolar e catequizador, e vémolo con todos os aditamentos, mesmo a división sexual de roles sociais: as nenas enfermeiras (ou damas auxiliares, na nomenclatura da época) e os nenos aguerridos militares dispostos a defender o propio honor en singular batalla, indo máis alá da realidade,ou é que non hai mulleres no exército e homes nos servizos de enfermería?

Os que traballamos no ensino sabemos que as festas fin de curso non se improvisan, que supoñen ensaio e planificación e que, en certa maneira, pretenden exteriorizar parte do traballo desenvolto nas aulas ao longo do curso. E cando se presenta publicamente, perante pais e nais, quere dicir que o centro educativo responde e se fai responsábel dos contidos e idearios que se transmiten.

Por iso causa pesar, por non dicir asco, comprobar como certos centros educativos e certos grupos de poder aproveitan o sistema educativo para adoutrinar e non para educar; por iso resulta decepcionante comprobar como pais e nais aproban cos seus risos de fondo a escenificación do machismo, do militarismo, da intolerancia.

En fin, de todos os valores que unha sociedade democrática non debe permitir por atentar contra a dignidade humana e por fomentar a exclusión social.

 Posted by at 13:52