Abr 182009
 

Cancións para Antía é un disco baseado en letras de Xosé Lois Seixo (agás dúas) interpretado polo propio autor como primeira voz, Xaquín Facal como 2º voz e que conta coa colaboración do Coro de Nenos Cantores da Orquestra Sinfónica de Galicia. O disco vai acompañado dunha proposta didáctica que abranxe as etapas educativas 0-3, 3-6 así como o primeiro e segundo ciclo de primaria e que estará dispoñíbel na nosa web a partir do 27 de abril na entrada RECURSOS > Aula virtual > Unidades didácticas >

BASES  DO CAMPIONATO

Participantes.

Poderán participar neste campionato todas as persoas que o desexen con independencia do seu lugar de residencia.  Para se inscribir, debe cubrir o datos que se recollen na ficha de inscrición  que aparece na web do trivial no momento de se convocar o campionato. No caso de non ser aínda usuario do Trivial debe cubrir a ficha de rexistro. Para calquera dúbida relacionada con este tema pode contactar a través do correo trivial.gz@as-pg.com. O Campionato rexerase polas normas do Trivial.Gz. 
O Campionato desenvolverase entre o 1 e o 15 de maio de 2009. As datas de inscrición serán entre o 18 e o 30 de abril de 2009.
O nivel de dificultade será de 1 (baixo) e xogarase con 6 temas. Haberá tres temas obrigatorios (Música, Lingua e Literatura, Xeografía) para todos os concursantes debendo elixir cada xogador ou xogadora os tres restantes.
O tempo máximo para xogar o campionato será de 240 minutos. Transcorrido este tempo, se un concursante desexar continuar, poderá mercar tempo até un máximo de 24 minutos. Por cada minuto que compre deberá aboar 50 puntos, que lle serán descontados no momento de facer a compra. O tempo pode compralo todo xunto ou en fraccións de un minuto.
Premios.
Establécense 10 premios para os 10 primeiros primeiros clasificados. Cada un deles recibirá un disco de Cancións para Antía ademais do CD Arte Barroca ou o disco Os Soños na Gaiola, editados pola AS-PG.
Para recoller o premio será necesario identificarse mediante DNI. Os gañadores ou gañadoras deberán contactar mediante email coa AS-PG no enderezo trivial.gz@as-pg.com para  solicitar o premio. As solicitudes deberán facerse antes do 31 de maio. Pasado ese tempo perderase o dereito a recibir o premio.  A este fin, na ficha de inscrición, debe indicarse un correo electrónico válido.
Calquera cuestión non expresa nestas bases será aclarada e interpretada pola AS-PG.
 
 

 Posted by at 12:56

Sorry, the comment form is closed at this time.