VIII CERTAME CURTAS AS-PG

BASES DO VIII CERTAME Curtas AS-PG

I.- ORGANIZACIÓN
O Certame de Curtas da AS-PG é un evento organizado e xestionado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega nun apoio ao audiovisual como forma de comunicación e divulgación da lingua e literatura galega.
As curtas admitidas a concurso e as curtas finalistas daranse a coñecer no enderezo http://bitaculas.as-pg.gal na entrada Curtas AS-PG.
II.- TEMÁTICA
As curtas xirarán ao redor da literatura, interpretando ou explorando calquera texto de calquera época da Literatura Galega.
A modalidade en que se presenten os traballos é libre: videocreacións, curtametraxes, videoclips… e admitirase calquera técnica de elaboración. As curtas presentadas levarán incluído un espazo de créditos.

III. NORMAS DE PARTICIPACIÓN
1. Poderán optar aos premios as curtas rodadas en calquera sistema de gravación (cine, vídeo, outros), inéditas ou que fosen estreadas entre o 1 de setembro de 2016 e o 31 de outubro de 2018.
2. As obras terán que ser presentadas en soporte DVD e recepcionadas antes das 14 horas do día 31 de outubro de 2018 no local da AS-PG.
3. A duración non excederá en ningún caso os 30 minutos, créditos incluídos.
4. O idioma (audio e texto) das obras presentadas será o galego.
5. Cada participante poderá presentar un máximo de tres obras.
6. O material enviado ao inscribirse non será devolto.

IV. CATEGORÍAS

1. Categoría xeral Mellor Curta VIII edición.

2. Categoría Centros de Ensino VIII edición.

A mesma obra só poderá participar nunha única categoría que será indicada na ficha de inscrición.

V. PREMIOS
1. Categoría xeral
– Premio á Mellor Curta VIII edición de Curtas AS-PG, dotado de 1.500€ + Diploma.
– 2º Premio dotado con 750€ + Diploma.
2. Categoría Centros de Ensino
– 1º Premio, dotado con 1.000€ + Diploma.
– 2º Premio, dotado con 500€ + Diploma

VI. INSCRICIÓN
1.- A recepción das obras será até as 14 horas do 31 de outubro de 2018. Os/As participantes deberán enviar a seguinte documentación:
* DVD (en formato dvd_vídeo, .mov, ou mp4) con copia da obra ou obras que optan ao certame.
* Ficha de inscrición con todos os campos cubertos. No caso de presentar máis dunha obra deberanse enviar tantas fichas como obras.
* Na Categoría Xeral, fotocopia do DNI do director/directora, ou calquera membro responsable da obra.
* Na Categoría Centros de ensino, fotocopia do DNI do director ou directora do centro.

Os traballos deberán enviarse ou presentarse no seguinte enderezo:
Asociación Socio-¬Pedagóxica Galega
VIII Certame Curtas AS-PG
Rúa Laracha, 9 ¬baixo
15010 A Coruña

Se desexas participar podes baixar aquí a ficha de inscrición: inscricion

VII. XURADO
A AS-PG, como entidade organizadora deste evento, nomeará un xurado que estará composto por persoas de recoñecido prestixio no mundo da literatura e do audiovisual. O xurado designará un máximo de tres obras finalistas en cada unha das categoría. Entre eses finalistas estará a gañadora.
Así mesmo designará unha Comisión Organizadora encargada de recepcionar as obras e avaliar a adecuación ás bases.
Calquera cuestión referida á interpretación e aclaración das bases corresponde á Organización, non cabendo contra ela ningunha reclamación.
Tanto a composición da Comisión Organizadora como a do Xurado, faranse públicos no enderezo web http://bitaculas.as-pg.gal na entrada Curtas AS-PG.
O ditame do xurado é inapelable.

VIII. ENTREGA DE PREMIOS
As obras gañadoras daranse a coñecer no Acto de entrega de premios que terá lugar a fins de novembro de 2018. Data e lugar serán publicados na páxina web da AS-PG. Neste acto é obrigada a presenza, en representación das obras, dalgún dos membros das curtas finalistas. A non presentación será motivo da perda do importe económico do premio (no caso de a obra resultar premiada), mais non do premio en si.

IX. RESPONSABILIDADE
A persoa representante da obra será a única responsable legal da curta.
As obras admitidas poderán ser emitidas naqueles actos sen ánimo de lucro organizados para a promoción do Certame.
A participación neste certame supón a aceptación plena destas bases.

A Coruña, xuño de 2018

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *