Mar 032021
 

A AS-PG e a CIG Ensino difundimos integramente as ponencias que tiveron lugar o sábado 27 de febreiro de 2021.

Regueifa miúda.  Alba María, filóloga, cantora, produtora e improvisadora oral.
Partindo da consciencia do propio corpo como elemento produtor de ritmo e que responde a el, transitaremos o país das palabras, os xestos, a música, o baile e con estes iniciarémonos nas pautas básicas da regueifa tradicional: estrutura estrófica, cómputo silábico, ritmo, rima, campos semánticos, metáforas…

Ler e escribir. Cando e como. Mª Teresa Neira González, mestra especialista en educación infantil no CEIP Pío XII, creadora de Recursos Educativos Abertos para o proxecto EDIA.
·        Coñecer os fundamentos e piares da teoría construtivista. Etapas polas que pasa o alumnado no proceso de adquisición da lingua escrita.
·        Diferenciar unha “Secuencia Didáctica” doutras modalidades de programación.
·        Aprender a deseñar  “Secuencias Didácticas” estables e puntuais.
·        Exemplificacións.
Ambientes de aprendizaxe e matemáticas. Mónica Corbacho Varela, mestra no CEIP Outeiro das Penas.
A aprendizaxe matemática a través de ambientes ou espazos da liberdade e posibilidade a nenas e nenos de tomar múltiples decisións e de elixir. Incorporar moitos materiais concretos nestes espazos e darlle un acompañamento axustado, converte a aula nun lugar para experimentar e aprender, onde nenas e nenos son os protagonistas e onde poden facer unha aprendizaxe de dentro para fóra e non de fóra para dentro como se dá normalmente.

A educación multisensorial como oportunidade de cambio. Rocío Castro Chenel , Beatriz Frontela Fulgueira , Nerea Cotelo Amado, mestras do CEIP Fogar de Carballo
O proceso de creación, organización e posta en marcha dunha aula multisensorial. O aproveitamento de recursos como punto de partida da transformación educativa.
“Cholo e Nela”, 25 anos de traballo en galego e en rede para educación infantil. Carlos Rodríguez Calvente, especialista en Educación Infantil no Ceip de Vilariño de Conso, orientador no CEE Manuel López Navalón.
A Convivencia de Educación Infantil constitúe unha experiencia única no contexto do País e do estado español, un equipo de mestras e mestres de Infantil para organizar unha festa da transversalidade no curso 1996-1997.
A experiencia estendeuse ata os nosos días… Cholo e Nela, falan galego e constitúen unha realidade, unha lembranza para cativiños e cativiñas daquela que hoxe andan perto dos 30 anos de idade.

 Leave a Reply

You may use these HTML tags and attributes: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

(required)

(required)