admin

Mai 182017
 

 

O pasado  10 de maio remataba o prazo de presentación das curtametraxes para participar no VII Certame “Curtas para Rosalía”.

Esta é a relación de obras admitidas:

·         Categoría xeral

. Probiña da tola, Marian Veiras

. Teito de cristal, Álvaro Liste Fernández

. #Madrid 1885, Fátima Peón Torres

. Pegadas dactilares, Miriam Rodríguez

. Es, Miriam Rodríguez

. Hospitalidade sexual, Luis Morales Bellet

. Rosalía, Rosa Taboada

 

  • Categoría Centros de ensino

. A grasia non era moita, CPI Progreso de Catoira

. No bico un cantar, CPI Progreso de Catoira

. Has de cantar, CEIP Bormoio – Agualada

 

O xurado do VII CERTAME “CURTAS PARA ROSALÍA” está formado por:

Lucía Catoira Pan, directora de fotografía

José Manuel Sande, crítico de cine, escritor cinematográfico e guionista

Raúl Veiga, director e guionista

Actuará como coordinadora do xurado e en nome da AS-PG Mª dos Anxos González Refoxo

 

 Posted by at 10:14
Nov 022016
 

BASES DO VII CERTAME  Curtas para Rosalía

1.-  ORGANIZACIÓN

O Certame de curtametraxes “Curtas para Rosalía” é un evento organizado e xestionado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (www.as-pg.gal). Con tal motivo a AS-PG designará unha Comisión Organizadora encargada de recepcionar as obras, avaliar a súa adecuación ás bases, promocionar o certame e organizar as galas de entrega de premios e, se for o caso, resolver e decidir sobre calquera outro aspecto non previsto nas presentes bases. Así mesmo, a AS-PG designará un Xurado que estará formado por persoas relevantes do mundo da cultura galega e do audiovisual. Tanto a composición da Comisión Organizadora como a do Xurado faranse públicos no enderezo web : http://bitaculas.as-pg.gal na entrada Curtas para Rosalía. Ningún dos membros do xurado nin da Comisión organizadora poderán participar no Certame. Nesta VII edición o Certame “Curtas para Rosalía” conta coa colaboración  do Concello da Coruña.

2.-  TEMÁTICA

A primeira edición deste certame tivo como motivo central a figura de Rosalía de Castro no 125 aniversario do seu falecemento. No 2013 celebramos o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos (Vigo 1863), obra fundacional do Rexurdimento das letras galegas.

Resulta evidente que as potencialidades que se agochan na obra de Rosalía deben seguir sendo descubertas xa que o mundo rosaliano é aínda un mundo revelador e con propostas clarificadoras para hoxe. Sendo Rosalía de Castro a figura máis representativa da Literatura Galega, desde a organización deste certame entendemos que homenaxear a Rosalía é homenaxear e divulgar a Literatura Galega. Polo tanto aquelas persoas que queiran presentar obras a este certame poderán facelo atendendo a un dos seguintes criterios:

1.- Obras cuxa temática xeral sexa a persoa de Rosalía de Castro, as súas obras ou algún elemento que destaque a súa vida, traballo ou calquera outro punto de interese da escritora como tal ou do seu contorno.

2.- Obras cuxa temática se centre, interprete ou explore calquera texto de calquera época da Literatura Galega ou da súa tradición oral.

 

3º NORMAS DE PARTICIPACIÓN

1. Poderán optar aos premios as curtas rodadas en calquera sistema de gravación (cine, vídeo, outros), inéditas ou que fosen estreadas entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 10 de maio de 2017.

2. As obras presentadas terán que ser presentadas en soporte DVD  e recepcionadas antes das 14 horas do día 10 de maio no local da AS-PG, enderezo postal que figura no apartado 4 destas bases, acompañadas da documentación que neste mesmo apartado 4 se solicita.

3. A duración non excederá en ningún caso os 30 minutos, créditos incluídos.

4. O idioma (audio e texto) das obras presentadas será o galego, non admitíndose ningún outro agás para a incorporación de textos de Rosalía. Neste caso poderá incorporarse no idioma en que foron redixidos.

5. Cada participante poderá presentar un máximo de tres obras.

6. As obras presentadas deberán ir acompañadas da súa correspondente ficha de inscrición (anexo 1), xunto coa fotocopia de DNI da persoa de representación da curtametraxe e fotocopia de DNI do realizador ou realizadora ou director ou directora da obra.

7. No web da AS-PG, no espazo: http://bitaculas.as-pg.com, serán publicadas as curtas admitidas a concurso. Así mesmo, serán publicadas as obras finalistas en cada categoría. As obras admitidas poderán ser emitidas naqueles actos organizados para a promoción do festival, sempre sen ánimo de lucro.

8. Categorías.

Somos conscientes que o mundo do ensino se está a vencellar cada vez máis con este certame e desde a AS-PG pretendemos facer aínda máis visíble o traballo que desde os Centros de Ensino se está a levar en soporte audiovisual. Por este motivo nesta VII edición do Certame contemplamos dúas categorías, unha delas é especificamente para curtas elaboradas por Centros de Ensino. Así convocamos:

 

a) Categoría mellor Curta da VII edición.

 

b) Categoría mellor Curta VII edición de Centros de Ensino.

 

A mesma Curta só poderá participar nunha única categoría que será indicada na ficha de inscrición.

 

O xurado designará  un máximo de tres obras finalistas, en cada unha das categoría. Entre eses finalistas estará a gañadora.

 

9. As obras gañadoras daranse a coñecer na Gala de entrega de premios que terá lugar a primeiros de xuño. Data e lugar serán publicados na páxina web da AS-PG. Nesta Gala é obrigada a presenza, en representación das obras, dalgún dos membros das curtas finalistas. A non presentación será motivo da perda do importe económico do premio (no caso de a obra resultar premiada), mais non do premio en si.

10. Responsabilidades legais. O/a concursante será único responsable da súa curtametraxe. A organización do certame declina toda a responsabilidade da curta e o seu contido sobre o/a participante.

11. O material enviado ao inscribirse non será devolto.

4º INSCRICIÓN

A inscrición será realizada polo director, directora, produtor, produtora ou calquera membro responsábel da obra que pretenda concursar, e constará de dúas fases:

1.- Na primeira fase o director/a, produtor/a ou calquera membro responsábel da obra, enviará un correo electrónico a informacion@as-pg.com en que constará nome e apelidos e contacto (teléfono e correo electrónico) e manifestará a intención de participar no certame. Esta preinscrición, que é gratuíta, haberá de se facer antes do 1 de febreiro de 2017, e ten como finalidade poder comunicar calquera modificación, ampliación ou variación dalgún dos conceptos que aparecen nestas bases, tal e como se recolle na base 7.

2.- Na inscrición e recepción definitiva, até as 14 horas do 10 de maio de 2017, os/as participantes deberán enviar a seguinte documentación:

* DVD (en formato dvd_vídeo, .mov, ou mp4) con copia do filme ou filmes que optan ao certame.

* Ficha de inscrición (Anexo 1) con todos os campos cubertos. No caso de presentar máis dunha obra deberá enviar tantas fichas como obras.

* Fotocopia do DNI da persoa que representa a obra.

* Fotocopia do DNI do realizador ou realizadora ou director ou directora da obra.

Os traballos deberán enviarse ou presentarse no seguinte enderezo:

Asociación Socio-­Pedagóxica Galega

“ VII Certame Curtas para Rosalía”

Rúa Laracha, 9 ­baixo

15010 A Coruña

Os gastos de envío das obras presentadas correrán a cargo dos participantes.

Se desexas participar podes baixar aquí a ficha de inscrición: inscricion

5º. XURADO

A AS-PG, como entidade organizadora deste evento, nomeará un xurado encargado de valorar as obras. O xurado estará composto por persoas de recoñecido prestixio no mundo da cultura e do audiovisual. No seu momento publicarase na páxina web da asociación a relación de membros do xurado. O ditame do xurado será inapelable.

6º PREMIOS

Categoría mellor Curta da VII edición

–          1º Premio da VII edición de Curtas para Rosalía dotado de 1.000€ + Diploma.

–          2º Premio da VII edicións de Curtas para Rosalía dotado de 500€ + Diploma.

Categoría mellor Curta VII edición de Centros de Ensino

–          1º Premio á mellor curta da VII edición presentada polos Centos de Ensino dotado de 1.000€ + Diploma.

–          2º Premio á mellor curta da VII edición presentada polos Centos de Ensino dotado de 500€ + Diploma.

7º RESPONSABILIDADE

A participación neste certame supón a aceptación plena destas bases por parte de cada participante. Calquera cuestión referida á interpretación e aclaración das bases corresponde á Organización, non cabendo contra ela ningunha reclamación.

 

 

A Coruña, 2 de novembro de 2016

 

 

 Posted by at 00:00
Mai 092016
 

O xoves 5 de maio celebrouse no Teatro Rosalía da Coruña a gala de entrega dos premios do VI Certame Curtas para Rosalía, os gañadores  foron Pablo Kaufmann e Miriam Rodríguez na categoría Irmandades da Fala, Luís Gómez Aldegunde na categoría Manuel María, e Chus Domínguez na de Mellor Curta.

Segundo o xurado, Pablo Kaufmann e Miriam Rodríguez acadaron o Premio Irmandades da Fala coa curta ‘Mira a miña pel’ “pola súa aproximación, desde a perspectiva e ton do videopoema, á crucial chamada das Irmandades para a recuperación da lingua, subliñando o que de encarnado, directamente corporal, ten o traballo da lingua, na cal a superficie, a pel, conduce ao máis profundo do noso ser”.

FOTO1

No apartado Manuel María gañou  ‘Telexornal Manuel María’ “pola súa eficaz achega para o coñecemento e difusión da obra e o legado de Manuel María, co mérito acrecentado de estar protagonizada por escolares que se dan moi ben coa expresión audiovisual e axudan a construír un exemplo vivo de comunicación social galega emancipada”.

FOTO2

E, finalmente, o galardón á Mellor Curta nesta sexta edición foi para ‘O prezo da dote’, de Chus Domínguez, “polo seu contributo significativo para a reelaboración da imaxe de Galiza que, por virtude da súa forza poética, é capaz de se afastar do tópico e, dialogando á distancia coa obra rosaliana, compón un fluxo de imaxes e unha partitura sonora de singular e conmovente beleza”.

FOTO3

 Posted by at 12:53
Mai 062016
 

cen

O 18 de maio de 1916 xorde na cidade da Coruña a primeira Irmandade dos Amigos da Fala.   Antón Vilar Ponte convoca unha xuntanza nos locais da Academia Galega á que asistiron arredor de 20 persoas, entre as que se encontraban Manuel Lugrís Freire, Florencio Vaamonde Lores, Uxío Carré Aldao, Lois Porteiro Garea, Micaela Chao Maciñeira, Francisco Tettamancy ou Ramón Vilar Ponte. Nesta xuntanza acordouse a creación dunha Irmandade dos Amigos da Fala que tería como obxectivo a defensa, exaltación e fomento da lingua de Galiza. Nace así a primeira iniciativa consciente de normalización do idioma galego. Axiña se foron creando outras: Santiago, Monforte,Vilalba, Ferrol, Vigo, Lugo, Vilagarcía, Cambados, Ourense, Madrid, A Habana… O corpus teórico das Irmandades vai ter como unha das súas bases  a Doctrina nazonalista de Ramón Vilar Ponte.  A nova asociación crea como voceiro desde a súa fundación a revista “A Nosa Terra”.

A Agrupación Cultural Alexandre Bóveda e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, no Centenario e en lembranza daquel acontecemento convocamos este campionato.

 

Participantes

Poderán participar neste campionato todas as persoas que o desexen con independencia do seu lugar de residencia. Para se inscribir, debe cubrir o datos que se recollen na ficha de inscrición  que aparecerá na web do trivial no momento de se convocar o campionato. No caso de non ser aínda usuario do Trivial debe cubrir a ficha de rexistro. Para calquera dúbida relacionada con este tema pode contactar a través do correo trivial.gz@as-pg.com

O Campionato desenvolverase entre o 18 e o 28 de maio. As datas de inscrición serán entre o 7 e o 18 de maio de 2016.
O nivel de dificultade será de 2 (medio) e xogarase con 6 temas. Haberá un tema tema obrigatorio (Irmandades da Fala para todos os concursantes debendo elixir cada xogador ou xogadora os cinco restantes.
O tempo máximo para xogar o campionato será de 300 minutos. Transcorrido este tempo, se un concursante desexar continuar, poderá mercar tempo até un máximo de 30 minutos. Por cada minuto que compre deberá aboar 50 puntos, que lle serán descontados no momento de facer a compra. O tempo pode compralo todo xunto ou en fraccións de un minuto.

Premios


Establécense 5 premios para os 5 primeiros postos: 1 premio de 30 euros para o 5º posto; un de 50 euros para o 4º posto; 60 euros para terceiro posto; 70 euros para o segundo e 90 para o primeiro posto.
Para recoller o premio será necesario identificarse mediante DNI. Os gañadores ou gañadoras deberán contactar mediante email coa AS-PG no enderezo trivial.gz@as-pg.com para  solicitar o premio. As solicitudes deberán facerse antes do 8 de xuño de 2016. Pasado ese tempo perderase o dereito a recibir o premio.  A este fin, na ficha de inscrición, debe indicarse un correo electrónico válido.
Calquera cuestión non expresa nestas bases será aclarada e interpretada pola AS-PG.

 Posted by at 21:32
Abr 122016
 

O pasado 31 de marzo remataba o prazo de presentación das curtametraxes para participar no VI Certame “Curtas para Rosalía”.

Esta é a relación de obras admitidas:

  •  Adiós Soidá: Fran X. Rodríguez
  •  Airiños, airiños aires:  Brais Pérez González, EDNL do IES As Barxas
  •  Así as ideas: Celia Parra Díaz
  •  A xustiza pola man:  Brais Pérez González, EDNL do IES As Barxas
  •  Canción da hora de ollar o televexo: Celia Parra Díaz
  •  Canción da hora na que ladran os cás: Millán Castro Vilariño
  •  Choiva: Denisse Lozano Hermida
  •  Escolma. Fragmentos dun  proxecto frustrado: Roque Lazcano Vázquez
  •  Lenda da Paralia:  Brais Pérez González, EDNL do IES As Barxas
  •  Mira a miña pel: Pablo Kaufmann e Miriam Rodríguez
  •  O espantallo amigo: Carlos Seijo
  •  O prezo da dote: Chus Domínguez
  •  Rosalía: A Estrela perdida do teatro: Lucía López Golán
  •  Rosalía: Luz e Sombra: Begoña Ansedes Domínguez, CEIP do Foxo (A Estrada)
  •  Rosalía que me asombras:videodanza en sol menor: Mª Ángeles García Veiras
  •  Telexornal Manuel María: Luís Gómez Aldegunde

O xurado do VI CERTAME “CURTAS PARA ROSALÍA” está formado por:

Isabel Naveira, actriz

José Manuel Sande, crítico de cine, escritor cinematográfico e guionista

Raúl Veiga, director e guionista

Actuará como coordinadora do xurado e en nome da AS-PG Mª dos Anxos González Refoxo.

 Posted by at 10:37
Dec 032015
 

BASES DO VI CERTAME  Curtas para Rosalía

1.-  ORGANIZACIÓN

O Certame de curtametraxes “Curtas para Rosalía” é un evento organizado e xestionado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (www.as-pg.gal). Con tal motivo a AS-PG designará unha Comisión Organizadora encargada de recepcionar as obras, avaliar a súa adecuación ás bases, promocionar o certame e organizar as galas de entrega de premios e, se for o caso, resolver e decidir sobre calquera outro aspecto non previsto nas presentes bases. Así mesmo, a AS-PG designará un Xurado que estará formado por persoas relevantes do mundo da cultura galega e do audiovisual. Tanto a composición da Comisión Organizadora como a do Xurado faranse públicos no enderezo web : http://bitaculas.as-pg.gal na entrada Curtas para Rosalía. Nin os membros do xurado nin da Comisión organizadora poderán participar no Certame. Nesta VI edición o Certame “Curtas para Rosalía” conta coa colaboración  do Concello da Coruña.

2.-  TEMÁTICA

A primeira edición deste certame tivo como motivo central a figura de Rosalía de Castro no 125 aniversario do seu falecemento. No 2013 celebramos o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos (Vigo 1863), obra fundacional do Rexurdimento das letras galegas.

Resulta evidente que as potencialidades que se agochan na obra de Rosalía deben seguir sendo descubertas xa que o mundo rosaliano é aínda un mundo revelador e con propostas clarificadoras para hoxe. Sendo Rosalía de Castro a figura máis representativa da Literatura Galega, desde a organización deste certame entendemos que homenaxear a Rosalía é homenaxear e divulgar a Literatura Galega. Polo tanto aquelas persoas que queiran presentar obras a este certame poderán facelo atendendo a un dos seguintes criterios:

1.- Obras cuxa temática xeral sexa a persoa de Rosalía de Castro, as súas obras ou algún elemento que destaque a súa vida, traballo ou calquera outro punto de interese da escritora como tal ou do seu contorno.

2.-. Tamén se poderán presentar a este Certame curtas cuxa temática se centre, interprete ou explore calquera texto de calquera época da Literatura Galega ou da súa tradición oral.

 3º NORMAS DE PARTICIPACIÓN

1. Poderán optar aos premios os traballos rodados en calquera sistema de gravación (cine, vídeo, outros)

2. As obras presentadas terán que ser presentadas en soporte DVD e recepcionadas antes das 14 horas do día 31 de marzo no local da AS-PG, enderezo postal que figura no apartado 4 destas bases, acompañadas da documentación que neste mesmo apartado 4 se solicita.

3. A duración non excederá en ningún caso os 30 minutos, créditos incluídos.

4. O idioma (audio e texto) das obras presentadas será o Galego, non admitíndose ningún outro agás para a incorporación de textos de Rosalía. Neste caso poderá incorporarse no idioma en que foron redixidos.

5. Cada participante poderá presentar un máximo de tres obras.

6. As obras presentadas deberán ir acompañadas da súa correspondente ficha de inscrición (anexo 1), xunto co fotocopia de DNI da persoa de representación da curtametraxe e fotocopia de DNI do realizador ou realizadora ou director ou directora da obra.

7. No web da AS-PG, concretamente no espazo: http://bitaculas.as-pg.com serán publicados os títulos e a ficha técnica das curtas admitidas a concurso. Así mesmo, serán publicadas as obras finalistas en cada categoría. As obras admitidas poderán ser emitidas naqueles actos organizados para a promoción do festival, sempre sen ánimo de lucro. As curtas finalistas serán proxectadas na Gala de Entrega de Premios.

8. Coincide esta VI edición de Curtas para Rosalía con dous feitos de relevancia, o nomeamento do escritor Manuel María como autor ao que se lle dedica o día das Letras Galegas 2016, colaborador habitual da AS-PG participou nas actividades de formación da Asociación ao longo de vinte e sete anos consecutivos de forma desinteresada e en todas as convocatorias e actividades que tiñan a ver coa normalización do idioma, e o centenario da fundación das Irmandades da Fala, feito decisivo na historia político-social e literaria do país.

Desde a AS-PG pretendemos que tamén o Certame CURTAS PARA ROSALÍA contribúa a esta dupla celebración establecendo os seguintes categorías nos premios:

 

a) Premio  á mellor Curta da VI edición.

b) Premio  á mellor Curtametraxe cuxa temática se centre, interprete ou explore a obra do escritor Manuel María.

c) Premio á mellor curta cuxa temática sexan as Irmandades da Fala ou se centre nalgún dos seus membros, tendo que abordar necesariamente a práctica literaria do idioma, obxectivo prioritario no ideario das Irmandades e base central deste Certame.

 

O xurado designará  un máximo de tres obras finalistas  en cada unha das categoría. Entre eses finalistas estará a gañadora de cada categoría.

O  premio á mellor curta da VI edición pode ser  acumulativo co premio á mellor curta de calquera das outras dúas categorías.

 

9. As obras gañadoras daranse a coñecer na Gala de entrega de premios que terá lugar no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, en data que se publicará na páxina web da AS-PG (Finais de abril). Nesta gala é obrigada a presenza, en representación das obras, dalgún dos membros das curtas finalistas. A non presentación será motivo da perda do importe económico do premio (no caso de a obra resultar premiada), mais non do premio en si.

10. Responsabilidades legais. O/a concursante será único responsable da súa curtametraxe. A organización do certame declina toda a responsabilidade da curta e o seu contido sobre o/a participante.

11. O material enviado ao inscribirse non será devolto.

4º INSCRICIÓN

A inscrición será realizada polo director, directora, produtor, produtora ou calquera membro responsábel da obra que pretenda concursar e constará de dúas fases:

1.- Na primeira fase o director/a, produtor/a ou calquera membro responsábel da obra, enviará un correo electrónico informacion@as-pg.com no que constará nome e apelidos e unha forma de contacto, preferibelmente correo electrónico, e manifestará a intención de participar no certame. Esta preinscrición, que é gratuíta, haberá de se facer antes do día 7 de marzo de 2016, ten como finalidade poder comunicar calquera modificación, ampliación ou variación dalgún dos conceptos que aparecen nestas bases, tal e como se recolle na base 7.

2.- Na inscrición e recepción definitiva, até as 14 horas do día 31 de marzo de 2016, os/as participantes deberán enviar a seguinte documentación:

* DVD (en formato dvd_vídeo, .mov, ou mp4) con copia do filme ou filmes que optan ao certame.

* Ficha de inscrición (Anexo 1) con todos os campos cubertos. No caso de presentar máis dunha obra deberá enviar tantas fichas como obras.

* Fotocopia do DNI da persoa que representa a obra

* Fotocopia do DNI do realizador ou realizadora ou director ou directora da obra

Os traballos deberán enviarse ou presentarse no seguinte enderezo:

Asociación Socio-­Pedagóxica Galega

“ VI Certame Curtas para Rosalía”

Rúa Laracha, 9 ­baixo

15.010 A Coruña

Os gastos de envío das obras presentadas correrán a cargo dos participantes.

Se desexas participar podes baixar aquí a ficha de inscrición: inscricion

5º. XURADO

A AS-PG, como entidade organizadora deste evento, nomeará un xurado encargado de valorar as obras. O xurado estará composto por persoas de recoñecido prestixio no mundo da cultura e do audiovisual. No seu momento publicarase na páxina web da asociación a relación de membros do xurado. O ditame do xurado será inapelable.

6º PREMIOS

A organización do VI Certame Curtas para Rosalía establece tres categorías:

1. Premio á mellor curta da VI edición de Curtas para Rosalía dotado de 1.000€ + Diploma.

2. Premio á mellor curta Manuel María dotado de 1.000€ + Diploma.

3. Premio á mellor curta Irmandades da Fala dotado de 1.000€ + Diploma.

Os premios serán entregados na Gala de Clausura.

7º RESPONSABILIDADE

A participación neste certame supón a aceptación plena destas bases por parte de cada participante. Calquera cuestión referida á interpretación e aclaración das bases corresponde á Organización, non cabendo contra ela ningunha reclamación.

A Coruña, 2 de decembro de 2015

 

 Posted by at 12:34
Mai 052015
 

O xurado do V Certame de Curtas para Rosalía, reunido o 4 de maio, acordou por unanimidade declarar finalistas desta edición:

  • AS PRIMAVERAS DO BARRIO DO CURA de Miriam Rodríguez.
  • NEGRA SOMBRA de Xoana Santos e Estela Suárez.
  • #ROSALIATWITTEIRA de Millán Castro e Marina Chiavegatto.

O acto de entrega de premios será o venres 8 de maio ás 20:30h no Salón de Actos da Deputación  Provincial de Lugo.

 

 Posted by at 10:16
Abr 292015
 

O pasado 23 de abril remataba o prazo de presentación das curtametraxes para participar no V Certame “Curtas para Rosalía”.

Obras admitidas ao Premio do Xurado á mellor curta da V edición de Curtas para Rosalía:

1.- BÁGOAS DE SAL de Tatiana Mouro e Patricia Rodríguez.

Duración: 7′ Formato: Video Xénero: Drama poético

2.- ASÍ AS IDEAS de Celia Parra

Duración: 2’39” Formato: mp4 H.264 1920 x 1080 Xénero: Videopoema

3.- SILENCIO! de Paco Gallego e Xosé Bocixa

Duración: 10’59” Formato: (Quicktime) HD Digital Xénero: Drama

4.- O SOÑO DE ROSALÍA de Patricia Martínez Díaz e Teresa Cornide Ramos

Duración: 7’34” Formato: WMV Xénero: Flashmob

5.- BALADA COVER de Belén Montero e Juan Lesta (DSK)

Duración: 5’23” Formato: Video dixital 16:9 Xénero: Videopoesía/Experimental/Documental

6.- VIDE  de Belén Montero e Juan Lesta (DSK)

Duración: 1′ 34″ Formato: Video dixital 16:9 Xénero: Videopoesía/Experimental

7.- AS COUSAS  de Belén Montero e Juan Lesta (DSK)

Duración: 1’27” Formato: Video dixital 16:9 Xénero: Videopoesía/Experimental

8.- AS PRIMAVERAS DO BARRIO DO CURA de Miriam Rodríguez

Duración: 2′ 18″ Formato: MP4 Xénero: Videopoema

9.- EU SON ROSALÍA de EDLG da EEI Barrionovo

Duración: 1′ 46″ Formato: Stopmotion Xénero:Artístico Literario

10.- 2017 de Pablo Kaufmann

Duración: 2′ 15″ Formato: H264-MP4 (2:35) Xénero: Videopoema

11.- EU SON ROSALÍA de Juan Carlos Lago e Patricia Peña

Duración: 4′ 35″ Formato: WMA 16:9  Xénero: Lipdub

12.- MORTE DE ROSALÍA de Xes Diéguez

Duración: 5’46” Formato: DVD Xénero: Drama

13.- NEGRA SOMBRA de Xoana Santos e Estela Suárez

Duración: 5′ Formato: Animación Stop Motion

14.- #ROSALIATWITTEIRA  de Millán Castro e Marina Chiavegatto

Duración: 4′ 26″ Formato: DVD Xénero: Experimento social

15.- VOLTA ATRÁS de Inés Mirás Vieites

Duración: 5′ 19″ Formato: Curtametraxe 1920 x 1080 Xénero: Drama

16.- CANTARES DE MULLER de Siddharta Álvarez

Duración: 15’45” Formato: 16:9 Xénero: Drama

17.- O LEGADO DE LÍA de Álvaro Liste

Duración: 11′ Formato: DVD Xénero: Curta experimental

18.- TRAS DA NOITE de Nuria Mosquera Varela

Duración: 8′ 53″ Formato: MOV, H.264, AAC 1920 x 1080 Xénero: Experimental

19.-TORNAR de Daniel Suárez García

Duración: 6′ 05″ Formato: 16:9 / 1080P 25(MP4) Xénero: Videocreación

Obras admitidas  ao Premio do xurado á mellor curta dos cinco certames en calquera categoría:

1.- SÍNDROME ROSALÍA de Fátima Peón

Duración: 12′ 10″ Formato: 16:9 Xénero: Falso documentario

2.- CARTA A ROSALÍA. CURTA A ROSALÍA de Judit Casas, Natalia P. Rodrigo e Patricia Prieto

Duración: 2′ 26″ Formato: HDV Xénero: Videoarte

3.- NOUTURNIO DE CELANOVA de Raúl García

Duración: 6′ Formato: PAL 16:9 Xénero: Animación

4.- IGNOTUS de Tomás Conde e Virginia Curiá

Duración: 15′ Formato: 4 / 3 Xénero: Animación Stop Motion

5.- UNHA MULLER QUE PASA de Xosé Bocixa

Duración: 8′ Formato: (Quicktime) HD Digital Xénero: Documental de ficción

6.- ESTE VAISE de Paula Pereira

Duración: 2′ 56″ Formato: AVI  Xénero: Dramático

7.- VELAQUÍ O TEXTO de Míriam Rodríguez Domínguez

Duración: 7`8” Formato: MPEG Xénero: Videopoema

8.- DENDE UN PAÍS QUE NUNCA VIN de Jairo Iglesias Martínez

Duración: 3`50” Formato: 4K HD distribución DVD Xénero: Ficción

9.- VAGUIDADES de Lara Bacelo González

Duración: 5`13” Formato: DVD  Xénero: Docudrama

O xurado do V CERTAME “CURTAS PARA ROSALÍA” está formado por:

Isabel Naveira, actriz
Xosé Manuel Sande, programador do CGAI e crítico de cine
Raúl Veiga, director e guionista

Actuará como coordinadora do xurado e en nome da AS-PG Mª dos Anxos González Refoxo.

 

 

 Posted by at 14:54
Mar 022015
 

1.-  ORGANIZACIÓN

O Certame de curtametraxes “Curtas para Rosalía” é un evento organizado e xestionado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (www.as-pg.com). Con tal motivo a AS-PG designará unha Comisión Organizadora encargada de recepcionar as obras, avaliar a súa adecuación ás bases, promocionar o certame e organizar as galas de entrega de premios e, se for o caso, resolver e decidir sobre calquera outro aspecto non previsto nas presentes bases. Así mesmo, a AS-PG designará un Xurado que estará formado por persoas relevantes do mundo da cultura galega e do audiovisual. Tanto a composición da Comisión Organizadora como a do Xurado faranse públicos no enderezo web : http://bitaculas.as-pg.gal na entrada Curtas para Rosalía. Nin os membros do xurado nin da Comisión organizadora poderán participar no Certame. Nesta V edición o Certame “Curtas para Rosalía” conta coa colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo.

2.-  TEMÁTICA

A primeira edición deste certame tivo como motivo central a figura de Rosalía de Castro no 125 aniversario do seu falecemento. No 2013 celebramos o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos (Vigo 1863), obra fundacional do Rexurdimento das letras galegas.

Resulta evidente que as potencialidades que se agochan na obra de Rosalía deben seguir sendo descubertas xa que o mundo rosaliano é aínda un mundo revelador e con propostas clarificadoras para hoxe. Sendo Rosalía de Castro a figura máis representativa da Literatura Galega, desde a organización deste certame entendemos que homenaxear a Rosalía é homenaxear e divulgar a Literatura Galega. Polo tanto aquelas persoas que queiran presentar obras a este certame poderán facelo atendendo a un dos seguintes criterios:

 

1.- Obras cuxa temática xeral sexa a persoa de Rosalía de Castro, as súas obras ou algún elemento que destaque a súa vida, traballo ou calquera outro punto de interese da escritora como tal ou do seu contorno.

2.-. Tamén se poderán presentar a este Certame curtas cuxa temática se centre, interprete ou explore calquera texto de calquera época da Literatura Galega ou da súa tradición oral.

 

3º NORMAS DE PARTICIPACIÓN

1. Poderán optar aos premios os traballos rodados en calquera sistema de gravación (cine, vídeo, outros)

2. As obras presentadas terán que ser enviadas en soporte vídeo dixital (DVD) antes das 14 horas do día 23 de abril ao enderezo postal que figura no apartado 4 destas bases, acompañadas da documentación que neste mesmo apartado 4 se solicita.

3. A duración non excederá en ningún caso os 30 minutos, créditos incluídos.

4. O idioma (audio e texto) das obras presentadas será o Galego, non admitíndose ningún outro agás para a incorporación de textos de Rosalía. Neste caso poderá incorporarse no idioma en que foron redixidos.

5. Cada participante poderá presentar un máximo de tres obras.

6. As obras presentadas deberán ir acompañadas da súa correspondente ficha de inscrición (anexo 1), xunto co fotocopia de DNI da persoa de representación da curtametraxe e fotocopia de DNI do realizador ou realizadora ou director ou directora da obra.

7. No web da AS-PG, concretamente no espazo: http://bitaculas.as-pg.gal serán publicados os títulos e a ficha técnica das curtas admitidas a concurso. Así mesmo, serán publicadas as obras finalistas en cada categoría. As obras admitidas poderán ser emitidas naqueles actos organizados para a promoción do festival, sempre sen ánimo de lucro. As curtas gañadoras serán proxectadas na Gala de Entrega de Premios.

8. Para conmemorar a V edición do Certame establécense dúas categorias

a) Premio do Xurado á mellor curta da V edición.

O xurado proporá tres obras finalistas e entre estas tres estará a gañadora.

b) Premio do xurado á mellor curta das cinco edicións do certame.

A este premio poderán presentarse as obras gañadoras das cinco edicións (en calquera das categorías que figurasen nas bases) seguindo o mesmo proceso descrito no apartado 4 (INSCRICIÓN). A obra gañadora da V edición queda automaticamente inscrita neste premio. Se algunha das curtas presentadas a esta V edición non quere ser inscrita neste categoría deberá facelo constar enviando un correo a informacion@as-pg.com

Os dous premios poden ser acumulativos.

9. As obras gañadoras daranse a coñecer na Gala de entrega de premios que terá lugar o venres 8 de maio ás 20h no Salón de Actos da Deputación de Lugo. Nesta gala é obrigada a presenza, en representación das obras, dalgún dos membros das curtas finalistas e das curtas que opten ao premio de mellor curta das cinco edicións. A non presentación será motivo da perda do importe económico do premio (no caso de a obra resultar premiada), mais non do premio en si.

10. Responsabilidades legais. O concursante será o único responsable da súa curtametraxe. A organización do festival declina toda a responsabilidade da curta e o seu contido sobre a/o participante.

11. O material enviado ao inscribirse non será devolto.

4º INSCRICIÓN

A inscrición será realizada polo director, directora, produtor, produtora ou calquera membro responsábel da obra que pretenda concursar e constará de dúas fases:

1.- Na primeira fase o director/a, produtor/a ou calquera membro responsábel da obra, enviará un correo electrónico informacion@as-pg.com no que constará nome e apelidos e unha forma de contacto, preferibelmente correo electrónico, e manifestará a intención de participar no certame. Esta preinscrición, que é gratuíta, haberá de se facer antes do 19 de marzo de 2015 e ten como finalidade poder comunicar calquera modificación, ampliación ou variación dalgún dos conceptos que aparecen nestas bases, tal e como se recolle na base 7.

2.- Na inscrición definitiva, até as 14 horas do día 23 de abril de 2015, os participantes deberán enviar a seguinte documentación:

* DVD (Pal; 4/3 ou 16/9) con copia do filme ou filmes que optan ao certame.

* Ficha de inscrición (Anexo 1)con todos os campos cubertos. No caso de presentar máis dunha obra deberá enviar tantas fichas como obras.

* Fotocopia do DNI da persoa que representa a obra

* Fotocopia do DNI do realizador ou realizadora ou director ou directora da obra

Os traballos deberán enviarse ou presentarse na seguinte dirección:

Asociación Socio-­Pedagóxica Galega

Certame Curtas para Rosalía”

Rúa Laracha, 9 ­baixo

15.010 A Coruña

Os gastos de envío das obras presentadas correrán a cargo dos participantes.

5º. XURADO

A AS-PG, como entidade organizadora deste evento, nomeará un xurado encargado de valorar as obras. O xurado estará composto por persoas de recoñecido prestixio no mundo da cultura e do audiovisual. No seu momento publicarase na páxina web da organización a relación de membros do xurado. O ditame do xurado será inapelábel.

6º PREMIOS

A organización do certame Curtas para Rosalía establece dúas categorías:

1.- Premio do Xurado á mellor curta da V edición de Curtas para Rosalía dotado de 1500€ + Diploma.

2. Premio do xurado á mellor curta dos cinco certames en calquera categoría dotado de 1500€ + Diploma.

Os premios serán entregados na Gala de Clausura.

7º RESPONSABILIDADE

A participación neste certame supón a aceptación plena destas bases por parte de cada participante. Calquera cuestión referida á interpretación e aclaración das bases corresponde á Organización, non cabendo contra ela ningunha reclamación.

A Coruña, 24 de febreiro de 2015

 

Bases en formato PDF

 

Ficha de inscrición

 

 Posted by at 18:56
Feb 132014
 

O xurado do IV Certame “Curtas para Rosalía” nomeou finalistas as seguintes obras:

PORTOBELLO, PORQUE ME PETA! de Carlos Abeijón Martínez

UNHA MULLER QUE PASA de Xosé Bocixa

VELAQUÍ O TEXTO de Míriam Rodríguez Domínguez

O acto  de entrega de premios será o día 25 de febreiro ás 20:00h no local da Fundación NovaCaixaGalicia , Cantón Grande,8. Acceso rúa da Estrela. (A Coruña)

 Posted by at 13:22