patriciavarela

Dec 302020
 

ACTA DO XURADO

I CONCURSO DE PODCAST: ALGO QUE CANTAR? ALGO QUE CONTAR? 2020

O xurado do I Concurso de Podcast: Algo que cantar? Algo que cantar? convocado pola

Asociación Socio-Pedgáxica Galega (AS-PG) coa finalidade de potenciar novas formas e procesos comunicativos, formado por:

  • María Miragaya Pereira, educadora
  • Luz Rivas Troiteiro, educadora
  • Acordou por unanimidade declarar gañadoras desta I edición do Concurso

CATEGORÍA XERAL:

1º Premio: O que o vento non levou, de Sabela Iglesias Reviejo

2º Premio: Pampillo, de Teresa Pérez Lousame

CENTROS DE ENSINO:

1º Premio: Remendando música, de Sara Rey Lestido. Lucía Romar Ríos. Alba Sueiro Soto, do IES Milladoiro

2º Premio: A Guerra das Galaxias, unha película de Ronald Reagan, de Antía Novás Arribas, do IES Illa de Ons

A Coruña, 30 de decembro de 2020.

Este concurso foi realizado coa colaboración da Deputación da Coruña.

Dec 292020
 

Entrevista a Pilar Pallarés por parte de Eva Veiga. Pallarés gañou o Premio Nacional de Poesía no ano 2019.

70 minutos con é un proxecto realizado pola AS-PG en colaboración coa Deputación da Coruña.

Dec 252020
 

Entrevista realizada por Yolanda Castaño a Olga Novo, Premio Nacional de Poesía 2020.

70 minutos con é un proxecto realizado pola AS-PG en colaboración coa Deputación da Coruña.

Dec 232020
 

Entrevista a Alba Cid, gañadora do Premio “Miguel Hernández” 2020.

70 minutos con é un proxecto realizado pola AS-PG en colaboración coa Deputación da Coruña.

Dec 222020
 

ACTA DO XURADO

XIX CONCURSO DE RELATO ORAL “TÍRALLE DA LINGUA” 2020

O xurado do Concurso de Relato Oral “Tíralle da Lingua”, convocado pola

Asociación Socio-Pedgáxica Galega (AS-PG) coa finalidade de normalizar o

uso oral da nosa lingua entre a xente máis nova, formado por:

  • Antón Laxe, dinamizador cultural
  • Isabel Risco, actriz e contadora
  • Pedro Brandariz, actor, contador de historias.
  • Acordou por unanimidade declarar gañadoras desta XIX edición do Concurso

PRIMARIA

1º Premio: Chibos chibóns. Sara Rodríguez García.

CPI Arquitecto Palacios. Panxón

2º Premio: Como nos enganan cando somos pequenos.

Yago Bouzas Rodríguez. CEIP S. Xoán de Requeixo. Chantada

1º CICLO ESO

1º Premio: O príncipe liberado e a princesa tamén

IES Manuel Murguía. Arteixo

2º Premio: O apalpador. Mateo Rodríguez

CPR Maristas. A Coruña

2º CICLO DE ESO E POSTOBRIGATORIO

1º Premio: Xente de mala morte. Alexis Álvarez Salgado.

IES Aquis Querquernis. Baixa Limia

2º Premio: Pelos tuertos. Daniel Collazo Rial

CPI Eusebio Lorenzo Baleirón. Dodro

Podedes ver os vídeos e gravacións participantes nesta ligazón: Preme aquí.

Dec 192020
 

Na AS-PG sentímonos moi orgullosas deste proxecto, que continúa os que levamos feito desde o ano 2005. As familias son un elemento importante para a educación das nenas e dos nenos. Así tamén o considera a Deputación de Lugo, con cuxa vicepresidenta, Maite Ferreiro, realizamos e presentamos o proxecto esta semana.

Unha asociación como a nosa non podía deixalas á parte e, é por este motivo, que levamos moitos anos traballando para as axudar.

Desta volta, contamos con profesionais recoñecidas que nos achegan o seu punto de vista sobre os temas propostos.

Os vídeos realizados pódense ver todos nesta lista de Youtube: