Abr 282021
 

Foron unhas xornadas moi poéticas, coa presenza Eva Veiga, Olga Novo e Alba Cid e, así como Marta Dacosta presentado o coloquio. Xela Arias estivo tamén presente, da man de Yolanda Castaño, como non podía ser menos. 

Por outra banda, Pilar Ponte, Noemí García, Alfonso Salgado e Alba María presentáronnos experiencias novidosas e motivadoras para o alumnado baseadas na súa docencia. Na nosa materia, a creatividade está sempre presente, como ben sabemos. 

Finalmente, a Asociación Punto Gal e Nós Diario faláronnos de dous proxectos moi distintos, un deles xa botado a andar desde o ano pasado e outro que está en proceso de preparación. 

Podedes ver os vídeos nesta listaxe de reprodución na nosa páxina: 

Lista de reprodución

 Leave a Reply

You may use these HTML tags and attributes: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

(required)

(required)