Feb 272009
 

Ámame anarquista
freneticamente
mentres desato e ceibo
o pano que che enreda
a cabeleira
e libero o teu peito
xa sen freo
xa sen senso
sempre cara a fronteira
roxa e negra
e violeta
ámame cara a esquerda
cara a cara
cara a noite
cara a ti
sempre cara a ti mesma.
Ámame anarquista
mesmo contra ti mesma.

Rodríguez Fer, Claudio (1981): Tigres de ternura. (Santiago de Compostela: Ed. Reprografía 1846)

César Morán

 Posted by at 18:41