Esta antoloxía…

Esta antoloxía da poesía galega musicada é unha iniciativa de Xoán Díaz, membro do departamento de Lingua e do Equipo de Normalización do IES David Buján de Cambre durante 25 anos (1993-2018). Posteriormente, e por xenerosa oferta do seu creador, cuxa memoria queremos lembrar coa integración destes contidos na Historia da Literatura, os contidos xa publicados pasaron a formar parte das bitáculas da Asociación Socio-Pedagóxica Galega, transvasando aquí tamén os comentarios de leitoras e leitores.

Ti, leitora ou leitor, tamén podes participar deixando a túa opinión sobre o que aquí vexas ou escoites. Podes, tamén, subscribirte utilizando o teu lector RSS habitual.
A nosa única intención é aproximarnos á poesía galega desde a música. Trátase, polo tanto, dun material de aula ou para despois da aula.

26 replies on “Esta antoloxía…”

  1. Excelente iniciativa e excelente selección. Non coñecía a versión de Chachauí, un poema que me encanta. Procurarei enviar algunha suxestión e incluireivos nas ligazóns de literatura da miña web cando as teña rematadas. Parabéns.

  2. Paréceme interesante e moi útil este traballo porque moitas veces sabemos que existe este tipo de material pero nos resulta difícil a súa localización.
    Por se lles pode interesar. Atopei no Album de Mulleres de culturagalega.org, na páxina dedicada a Pilar Castillo Sánchez a peza Maruxiña, unha muiñeira composta por Pilar Castillo para voz e piano que musica o poema de Pondal do mesmo título e que segundo consta alí é anterior a 1935.
    http://www.culturagalega.org/album/detalle.php?id=63
    Parabéns de novo polo blog.

  3. Parabéns pola iniciativa.Penso que nos vai a ser de moita axuda para traballar os poemas na escola.Cheguei a vós a través do Planeta ENDL,o que ratifica a miña idea de que se están a producir materiais moi interesantes que só necesitan que se fagan públicos para que todos os valoremos como se merecen.
    Por certo,algúns destes poemas teñen versión vídeo,non poden entrar dentro do voso proxecto?
    Belén Escariz,desde ENDL do ceip quintela,en Moaña.

  4. Noraboa. Esto, TAMÉN se botaba en falta. Eu, como Belén, cheguei a vós a traves do Planeta de ENL. Virtudes da comunicación virtual, que boa falta nos vai facer!
    Enlázovos no blog de NL do noso centro agora mesmiño.
    Mª Olga Rguez. Díaz. Responsable da Biblioteca Escolar do Ceip. Milladoiro de Malpica

  5. Unha lagoa de libros on

    Noraboa por este magnífico material que poñedes ao dispor de todos os amantes da poesía.
    Seguro que nos vén moi ben para as clases de literatura.
    Acabo de incorporarvos ás ligazóns do noso blog: unhalagoadelibros.
    Saúdos desde Ourense.

  6. Gosto imenso deste trabalho: obrigada e parabéns.
    Hai tempo, cheguei aqui, navegando; nom lembro onde encontrei a referência. Tenho, claro, umha ligaçom no blogue da Biblioteca Olhos Grandes.
    Só ontem soubem da autoria desta página e alegrei-me mais ainda.
    Força!

  7. Anonymous on

    Hoxe mesmo acabo de descubrirvos, qué gusto, é magnífico, teño escoitado ós meus alumnos recitar de memoria moitos destes poemas.Parabéns e adiante…desde Lugo sempre en galego.

  8. Anonymous on

    Por casualidade encontrei este blog, e estou disfrutando moito, moitos recordos…
    Dende Madrid, moitas grazas por tan fermosa mostra.

  9. Parabéns por esta útil e fermosa iniciativa. Por certo, botei en falta a versión de Cristina Pato para En’O sagrado en Vigo, de Martín Codax.
    O dito, parabéns e grazas por facernos gozar.

  10. Grazas ao nosos visitantes anónimos desde Lugo ou desde Madrid. E tamén grazas a IES Val do Tea polo comentario e mais pola suxestión, terémola en conta.

  11. Anonymous on

    Xa hai tempo que coñezo este interesantísimo blog, pero ata hoxe non me animei a animarvos, permítaseme o xogo de palabras, a que continuedes nesta liña. No IES Fontexería de Muros imos intentar crear este curso unha paxina web na que desde logo teredes un lugar preferencial como páxina recomendada.
    Unha aperta e grazas polo voso traballo.

  12. Anonymous on

    parabéns por esta iniciativa. É marabilloso descubrir proxectos tan importantes para a nosa lingua e sobretodo que veñan da xente de a pé. Vou difundilo entre os meus contactos.

    A seguir medrando !!

  13. Anonymous on

    Buscando unos poemas de Álvaro Cunqueiro he dado por pura casualidad con esta página. Me parece una iniciativa interesantísima también para los castellanoparlantes que nos interesamos por la lengua y la literatura gallegas. ¡Moitas Grazas!

  14. Anonymous on

    Parabén por este mágnifico traballo e grazas por conmpartilo. Con el achégase a poesía galega ós nenos e nenas e ós profes facilítanos ó traballo.
    Grazas.
    Teresa. CEIP Graxal

  15. Moitas grazas polo traballo, seguides engadindo títulos? Encántame a escolma pero me faltan algúns moi populares: o Moraima de Milladoiro, o famoso Lela de Castelao… Animádevos e continuade co labor.
    Unha aperta. Nuria

  16. M. Cristina Baamonde on

    Son de Poetas é un excelente recurso para profesores de todos os níveis do ensino nos que Xoán Díaz pensaría cando se lle ocorreu esta idea que compartiu sempre tan xenerosamente .
    É ademais un medio que nos permite disfrutar a todos os amantes da poesía e a música .
    Grazas Xoán.Sempre na memoria.
    Agradecementos aos que apostaron por continuar a iniciativa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *