Mai 302008
 

Sulcando unha tarde de outono a ribeira do Sena
cando as aves tecian a sombra na varanda das pontes
e voavan nas ruas as follas dos choupos
reparei sobre as águas no rosto difuso
do home que eu fora havia algun tempo.
“Xa non serás o que quixen” clamava,
escoando a sua voz nun filtrar de aflición.
“Só un reflexo de ti me contempla”.

Forcadela, Manuel (1985). O regreso das ninfas (Vigo: Edición patrocinada pola Caixa de Aforros de Ourense)

Versión de Uxía nova pestana ou xanela

 Posted by at 19:02