Xan 142011
 

N-unha pupila azuada
Vin tremer a Amor-meniño:
era sobr’ a frol d’ o liño
Unha bágua d’ a Rosada,

Coma un amante a unha amada,
Amor etérmo -¡quimeira!-
Xurou â frol d’ a liñeira
A lágrima d’ a orvallada.

Mais… d’ a Aurora ô crarexar,
Eis qu’ o Fado separar
Quixo o que Diós axuntara:

A frol d’ o liño esfollouse…
E a lagrimiña tornouse
Aos ceios, donde morara…

Iglesia Alvariño, Aquilino (1986), Señardá en Poesía Galega Completa (Vigo: Edicións Xerais de Galicia)

Batital (2010) En

 Posted by at 22:51