Mai 222009
 

Se eu podesse desamar
a quen me sempre desamou,
e podess’ algún mal buscar
a quen mi sempre mal buscou!
Assy me vingaria eu,
se eu podesse coyta dar,
a quen mi sempre coyta deu.

Mays sol non posso eu enganar
meu coraçon que m’ enganou,
per quanto mi faz desejar
a quen me nunca desejou.
E per esto non dormio eu,
porque non poss’ eu coita dar
a quen mi sempre coyta deu.

Mays rog’ a Deus que desampar
a quen mh´assy desamparou,
ou que podess´eu destorvar
a quen me sempre destorvou.
E logo dormiria eu,
se eu podesse coyta dar,
a quen mi sempre coyta deu.

Vel que ousass’ en preguntar
a quen me nunca preguntou,
per que me fez en ssy cuydar,
poys ela nunca en min cuydou.
E por esto lazero eu,
porque non poss’ eu coyta dar,
a quen mi sempre coyta deu.

Brea, Mercedes (dir.) (1996): Lírica Profana Galego-Portuguesa. Santiago: Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro – Xunta de Galicia

Xurxo Romaní nova pestana ou xanela (zanfona) & Koichi Tanehashi (guitarra)

 Posted by at 22:22