Dec 122010
 

CHOVE pausiño pras sombras
chove pra baixo e pra riba.
O aire de soño en soño
a auga pinga que pinga…

Ven a noite polos eidos…
Vaise a tarde que nin xeme
decindo adeus con un xeito
que non sein nin se me esquece.

Novoneyra, Uxío (1981) Os Eidos. Libro do Courel (Vigo: Edicións Xerais de Galicia)

Maite Dono & Baldo Martínez (2010)

 Posted by at 01:52
Abr 092010
 
Uxío Novoneyra. Letras Galegas 2010

—FIANDEIRIÑA delgada
sempre metida a fiar
sempre a fiar e soñar
para logo non ser nada.
—Para logo non ser nada
eso inda está por ver
e pois cas frebas do liño
ó torcelas de camiño
algo se ha de prender.
—Algo se ha de prender
i a fé que tiñas razón
que eu estábache mirando
sin deñar que encantenón
íbame indo namorando.

Novoneyra, Uxío (1981) Os Eidos. Libro do Courel (Vigo: Edicións Xerais de Galicia)

Pilocha (1978)
Miro Casabella (2004)

 Posted by at 22:03
Mar 142010
 

FIANDEIRA namorada
que fías detralo lume
cos ollos postos nas chamas
roxiñas brancas i azules.

Fiandieriña que fías
nas noites do longo inverno
as liñas máis delgadiñas
que o fío do pensamento.

Cai a neve branca fora
riba dos teitos calada
mentras ti fías e soñas
nunha cousiña lonxana…

Novoneyra, Uxío (1981) Os Eidos. Libro do Courel (Vigo: Edicións Xerais de Galicia)

Na versión de Xabier Díaz (2005) os versos de Uxío aparecen mesturados e confundidos con outros de tradición popular.
Suso Vaamonde (1997)

 Posted by at 00:16
Xan 232010
 

VAI polo monte o camiño
outeando como un louco
polos caborcos do val
i as poxas do taramouco.

Cruza solo a serra toda
sin levar outra compaña
que a gran presencia do ceo
sobre o silencio da braña.

Eu non sein pra onde vai
méntral’ o quedo mirando.
Sólo sein que eilí se compre
o soño que estoun soñando…

Novoneyra, Uxío (1981) Os Eidos. Libro do Courel (Vigo: Edicións Xerais de Galicia)

Suso Vaamonde (1997)

 Posted by at 18:26