Xan 232010
 

VAI polo monte o camiño
outeando como un louco
polos caborcos do val
i as poxas do taramouco.

Cruza solo a serra toda
sin levar outra compaña
que a gran presencia do ceo
sobre o silencio da braña.

Eu non sein pra onde vai
méntral’ o quedo mirando.
Sólo sein que eilí se compre
o soño que estoun soñando…

Novoneyra, Uxío (1981) Os Eidos. Libro do Courel (Vigo: Edicións Xerais de Galicia)

Suso Vaamonde (1997)

 Posted by at 18:26

  3 Responses to “Vai polo monte o camiño. Uxío Novoneyra”

  1. Fermoso este poema de Uxío Novoneyra. Eu engadolle:

    Tódolos camiños cruzan
    mentres nós imos arando…
    o senlleiro do destino
    que aló arriba, esta esperando.

    Unha aperta.

  2. Descubrín hoxe este blog, nun día no que me facía falla algo así…

    Grazas e adiante!

  3. Gran idea a deste blog! Está ben ter a nosa literatura musicada!

    Gracias e a seguir así!

 Leave a Reply

You may use these HTML tags and attributes: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

(required)

(required)