Abr 032008
 

Adiós, ríos; adiós, fontes;
adiós, regatos pequenos;
adiós, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos.

Miña terra, miña terra,
terra donde me eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei,

prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños piadores,
casiña do meu contento,

muíño dos castañares,
noites craras de luar,
campaniñas trimbadoras
da igrexiña do lugar,

amoriñas das silveiras
que eu lle daba ó meu amor,
caminiños antre o millo,
¡adiós, para sempre adiós!

¡Adiós groria! ¡Adiós contento,
¡Deixo a casa onde nacín,
deixo a aldea que conoso
por un mundo que non vin!

Deixo amigos por extraños,
deixo a veiga polo mar,
deixo, en fin, canto ben quero…
¡quen pudera no o deixar…!

………………………….

Mais son probe e, ¡mal pecado!,
a miña terra n’é miña,
que hastra lle dan de prestado
a beira por que camiña
ó que naceu desdichado.

Téñovos, pois, que deixar,
hortiña que tanto amei,
fogueiriña do meu lar,
arboriños que prantei,
fontiña do cabañar.

Adiós, adiós, que me vou,
herbiñas do camposanto,
donde meu pai se enterrou,
herbiñas que biquei tanto,
terriña que nos criou.

Adiós Virxe da Asunción,
branca com’un serafín:
lévovos no corasón;
pedídelle a Dios por min,
miña Virxe da Asunción.

Xa se oien lonxe, moi lonxe,
as campanas do Pomar;
para min, ¡ai!, coitadiño,
nunca máis han de tocar.

Xa se oien lonxe, máis lonxe…
Cada balada é un dolor;
voume soio, sin arrimo…
Miña terra, ¡adiós!, ¡adiós!

¡Adiós tamén, queridiña…!
¡Adiós por sempre quizais…!
Dígoche este adiós chorando
desde a beiriña do mar.

Non me olvides, queridiña,
si morro de soidás
tantas légoas mar adentro…
¡Miña casiña!, ¡meu lar!

Rosalía de Castro (1996). Cantares Gallegos. (Vigo: A Nosa Terra)

Amancio Prada En

Luís Emilio Batallán

 Posted by at 19:02

  23 Responses to “Adiós, ríos; adiós, fontes. Rosalía de Castro”

  1. Venho aqui ler e reler poemas com alguma frequência. Julgo ser uma das grandes tarefas da poesia, acordar em nós os sentidos e o prazer pelo autêntico.
    Vezes demais guardo só para mim emoções e pensamentos que deveria transmitir-vos.
    Grata, hoje apeteceu-me dizer isto.

    Pilar

  2. Obrigados Pilar, polas túas visitas e polos teus comentarios.

  3. Encántame esta poesía de Rosalía de Castro pero tamén a música. Esta poesía fai que os sentimentos gardados do amor pola nosa terra, no meu caso, un pobo de Alacante, salgan de dentro.
    Un saúdo e parabén polo blog.

  4. Esta moi ben esta páxina posto que non encontrei outra igual…;

  5. Falta a versión de Pucho Boedo.

  6. esto estubo muy bien me ha encantado

  7. É unha canción mooi sentimental, despertaxe a persoiña q tes dentro 🙂

  8. É unha canción moi fermosa, pero tamén moi triste, porque trata do amor que lle temos cada unha a persoa que queremos, pola terra…..

    Un saudo moi grande

  9. a canción e bonita pero a vez moi triste pero igualmente e moi fermosa

  10. Encántame a poesía de Rosalia de Castro e esta música está moi ben para este poema tan bonito
    SD

  11. Encantame este poema porque expresa os sentimentos exactos do autor.

  12. Este é o perfecto poema para as persoas que verdadeiramente queren a sua terra.

  13. parecenos moi sentimntal

  14. É moi bonito este poema porque expresa uns sentimentos que calquera podería sentir ao deixar a súa terra; eu se me fose tamén botaria moitísimo de menos a miña terra.

  15. Este é o perfecto poema para as persoas que realmente queren a súa terra,e lles entristece deixalas atras.

  16. ta moi ben por ke di o k sinte pola a sua terra e a ama e dalle moita pena deixala.e sempre a tera no seu corazon e describe toda a sua terra

  17. amin este poema nn e moi bo para min pork nn expresa exactamente os sentimentos do autor so di adeus, adeus tiña k dicir cousas mais fermosas e nn tan funebres

  18. O poema está ben porque espresa os sentimentos do autor e a cancion é moi sentimental.

  19. Parecenos moi sentimental e a vez moi triste peo está bastante bn XD XD

  20. A poesía de Rosalía de Castro está moi ben. Expresa os seus sentimentos pola súa terra, e a canción expresa a tristura que sinte ao abandonar a súa terra 🙂

  21. Está e moi ben e gustoume moito por q me gusta moito Rosali de Castro e tamen é algo triste.

  22. É unha canción e un poema moi tristes e expresan os sentimentos e desexos dun emigrante, a tristeza de abandonar os seus. É un orgullo que tempo atrás tivésemos poetisas e poetas desta envergadura 🙂

  23. É un dos mellores poemas que lin na miña vida.

    Bicos Rosalía.

 Leave a Reply

You may use these HTML tags and attributes: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

(required)

(required)