SÓS. Manuel Antonio

Fomos ficando sós
o Mar o barco e mais nós.

Roubaron-nos o Sol
O paquebote esmaltado
que cosía con liñas de fume
áxiles cadros sin marco

Roubaron-nos o vento
Aquel veleiro que se evadeu
pol-a corda floxa d’ o horizonte

Este oucéano desatracóu d’as costas
e os ventos d’ a Roseta
ourentaron-se ao esquenzo
As nosas soedades
veñen de lonxe
como as horas d’ o reloxe
Pero tamén sabemos a maniobra
d’ os navíos que fondean
a sotavento d’ unha singladura
N-o cuadrante estantío d’as estrelas
ficou parada esta hora:
O cadavre d’o Mar
fixo d’o barco un cadaleito

Fume de pipaSaudade
NoiteSilenzoFrío
E ficamos nós sós
Sin o Mar e sin o barco
nós.

Manuel Antonio (1993) Poesía galega completa. Barcelona: Sotelo Blanco Edicións.

Gelria

Milladoiro

13 replies on “SÓS. Manuel Antonio”

  1. Anonymous on

    ei moi triste porque fala da soidade no me gusta por culpa de que ao ser tan triste pois no me agrada moito……

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *