Dec 032010
 

Seica soamente durará de min
o fume do tabaco que me cura,
capaz de sandar este afán sen fondo
de vela que despide o mastro.
Queda
a conversa fiada entre vapores,
o covarde valor das altas horas,
a danza dos xitanos e un gambito
de dama memorable contra a morte.
Vaise a vida en volutas, en querermos
desexo en toda costa. A cheminea

afoga un tiro en medio da feluxe.

Quintela, Anxo (1996), O asasino estrábico (Vigo: Edicións Xerais)

Marful

 Leave a Reply

You may use these HTML tags and attributes: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

(required)

(required)