Xan 292012
 

Á vella maneira

A Cachi e Amparo

Eu de noite iría de noite,
no medio do temporal.
Ir de día á luz do día
dáme medo, miña nai.

No fondo do teu ollare
unha gamela abanea.
Quen se puidera afogare
na ardora dunha misteira.

O que soño é verdade
como o silencio é un falare.
Se roubei o teu retrato
foi pra aprender a mirare.

Eu non sabía que había
tanta alegría nas bágoas
nin neve nas bidueiras
nin esperanza nas mágoas.

Rivas, Manuel (2009), A desaparición da neve, (Madrid: Alfaguara)

2naFronteira nova pestana ou xanela (2010)
Manuel Rivas. nova pestana ou xanelaPulpiño Viascón,nova pestana ou xanela música e voces.
Berrogüetto nova pestana ou xanela(2010) En

 Leave a Reply

You may use these HTML tags and attributes: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

(required)

(required)