Un cabelo de anxo. Ricardo Carvalho Calero.

Un cabelo de anxo
pendurado do ceo,
se non é a espada de Democles
é adival para o espírito,
ximio equilibrista,
que, nel agareado,
pode arrandear sobre a terra
e crer que é a araña dun fío
tirado do seu propio miolo,
cordón umbilical que o vencella
o seu niño que está no azul.
Mais non sabemos
qué é o norte, qué é o sul,
o cenit e o nadir,
a vida e a morte,
a terra e o ceo,
cál é o metro que leva ao paraíso
e qué aeronave nos conduz ao inferno.

Carvalho Calero, R. (1952), Poemas pendurados dun cabelo

Alfredo González Vilela

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *