Calculou ben o impulso e deu o salto. Lois Pereiro.
Calculou ben o impulso e deu o salto
forzando a resistencia
do tempo recluído
nas súas sombras.
Superou doadamente
o valado dos soños da súa amada
e penetrou naquel xardín alleo
co seu inferno dentro
e sen máis nada.
Pereiro, L. (1995 ), Poesía última de amor e enfermidade.