Ago 312009
 

Eu xa te busquei
cando o mundo era unha pedra intaita.
Cando as cousas buscaban os seus nomes,
eu xa te buscaba.

Eu xa te procurei
no comezo dos mares e das chairas.
Cando Dios procuraba compañía
eu xa te procuraba.

Eu xa te chamei
cando soio a voz do vento soaba.
Cando o silenzo chamaba polas verbas,
eu xa te chamaba.

Eu xa te namorei
cando o amor era unha folla branca.
Cando a lúa namoraba as outas cumes,
eu xa te namoraba.

Sempre,
dende a neve dos tempos,
eu, na túa ialma.

Celso Emilio Ferreiro (1991) O soño sulagado (Vigo: Edicións Xerais de Galicia)

Versión de A Quenlla
Versión de Uxía
Cristina Pato + Mutenrhoi. nova pestana ou xanela

 Posted by at 10:00

  3 Responses to “Eu en ti. Celso Emilio Ferreiro”

  1. Sen dúbida a mellor versión a de Uxía

  2. A min encantame este poema desde logo sen dúbida ningunha é o mellor de todos os que creou este gran poeta…

  3. Boto de menos varios, por exemplo, Galicia docemente … de Manuel María, os soños na gaiola.

 Leave a Reply

You may use these HTML tags and attributes: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

(required)

(required)