Nov 152009
 
9 de novembro de 2009:
50 anos da morte de Ramón Cabanillas

A Luís Porteiro

¡Irmáns! En pé, sereos,
a limpa frente erguida,
envoltos na brancura
da luz que cai de riba,
o corazón aberto
a toda verba amiga,
e nunha man a fouce
e noutra man a oliva,
arredor da bandeira azul e branca,
arredor da bandeira de Galicia,
cantémo-lo dereito
a libre nova vida!

Validos de treidores
a noite da Frouseira
á patria escravizaron
uns reises de Castela.
Comestas polo tempo,
xa afloxan as cadeas…
¡irmáns asoballados
de xentes estranxeiras,
ergámo-la bandeira azul e branca!
¡E ó pé da enseña da nazón galega
cantémo-lo dereito
a libertar a Terra!

¡Irmáns no amor á Suevia
de lexendaria historia,
¡en pé! ¡en pé dispostos
a non morrer sin loita!
¡O día do Medulio
con sangue quente e roxa
mercámo-lo dereito
a libre, honrada chouza!
¡Xa está ó vento a bandeira azul e branca!
¡A oliva nunha man, a fouce noutra,
berremos alto e forte:
“¡A nosa terra é nosa!”

Ramón Cabanillas (1979): Obras completas, I (Madrid: Akal Editor)

Cristina Fernández
Juan Pardo

 Posted by at 21:04

  5 Responses to “¡En pé!. Ramón Cabanillas”

  1. Sempre en pé nos estaremos
    A nosa bandeira ondeará
    E os irmáns, asoballados
    endexamais… os haberá

  2. Sempre seremos galegos.

  3. que bonito!!! o noso himno 😉

  4. esta ben por mor de que nos defende a toda costra

  5. Siii digamos que somos GALEGOOOS!!!

 Leave a Reply

You may use these HTML tags and attributes: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

(required)

(required)