Bando. Manuel María

Bando

Prohíbese, por orde da Alcaldía,
que medren porque si
as rosas do xardín municipal.
Dende agora as pombas teñen
que pedir licencia pra voar.
Prohíbeselle a lúa
andar ceiba de noite polo ceo.
A lúa é unha tola que anda espida
dando mal exempro ás nenas castas
i ós fillos de familia.
Pagarán trabucos os poetas.
Prohíbese soñar de 10 a 11.
Prohíbese tamén derramar bágoas.
Pódese chocar tan só cando hai sequía
pra que non fiquen baldeiros os pantanos.
Un só se pode emocionar
os Xoves e Domingos
cando toca
a banda do Concello no quiosco.
Están fóra da Lei
as estrelas, a primaveira,
as flores i os paxaros.
Dase este bando en tal e cual
pra que se cumpra
de orde do Alcalde.
Firmado e rubricado.

Manuel María (1958) Documentos persoais.

A Quenlla

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *