Eu quixera. Mª Victoria Moreno.
Neste tempo de paz, nesta inquietude.
Cando o sol para e bica e aloumiña,
Neste solpor eterno a auga camiña
Silente polo val da inmensitude.
Vou sen dores a tarde e o laurel
Na brisalada aroma a ladaíña
que inicia un grilo e alonga unha andoriña
e un reiseñor eleva á plenitude
Eu quixera meu ben que nesta hora
a túa voz amada os que amaban
renacese nos eidos na harmonía
E quixera contigo ver a aurora
e quixera espertar ao teu abeiro,
amor na auga fría
Eu quixera, eu quixera, amor mío, eu quixera.
Eu quixera, eu quixera, amor mío, eu quixera.