Son quen de verquerche abrazos de contos. Xela Arias.
Son quen de verquerche abrazos de contos
brazadas xa ves de melodías
Pero deixa deixa agora
que esquezan os nosos nomes os paxaros que ensinamos
e volvan novos ó tempo da inocencia
e, .. deixa deixa agora que esquezamos
onde van os nosos corpos en traslado
Entón serei eu quen lle preste
ó teu sano as fontanas de xazmín
…
e as augas novas
Xardín Desordenado
https://www.facebook.com/234120130010766/videos/1023893804684315