Estirpe. Xosé Carlos Caneiro

Eu son da estirpe dos homes que resisten

dos que fican en pé e non se entregan

dos ilusos por vocación a case todo

Levo na boca o verso dos vencidos

Pero que importa? Que importa, digo.

Os ollos nos que escoitei o mar

O país rendido dende sempre para nunca tal vez

a memoria das cousas que amei e amo

ata o fondo da noite toda sen remedio

Que importa, repito, a derrota cravada

no sangue, no misterio de vivir, de vivir

ou que morrese mil veces mil, como as pedras

Se hoxe hei de poñer a voz no teu peito

de rosa, uvas, licor e violeta

Eu, Xosé e Carlos e Caneiro, poeta

son da estirpe dos homes que resisten

Caneiro, Xosé Carlos, (2006) De bar en bar (os poemas prohibidos)

Youtube

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *