Paz desexada. Rosalía de Castro.

Paz desexada
Pra min, ¿onde está?
Quizais n’hei de tela
¡N’a tiven xamais!

Sosego, descanso
¿Onde o hei de atopar?
Nos mal’s que me matan
Na dor que me dan

¡Paz!
¡Paz ti es mentira!
¡Paz! ¡Paz!
¡Pra min non a hai!

A un batido, outro batido
A un-ha dor outra dor
Tras d’un olvido, outro olvido
Tras d’un amor, outro amor

E ao fin de fatiga tanta
E de tan diversa sorte
A vellez que nos espanta
Ou o repousar d’á morte

¡Paz!
¡Paz ti es mentira!
¡Paz! ¡Paz!
¡Pra min non’a hai!

Cando era tempo de inverno
Pensaba onde estarías
Cando era tempo de sol
Pensaba onde andarías
¡Agora!… Tan soio penso,
Meu ben, ¡se me olvidarías!

Castro, R. (1880), Follas novas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *