Deica abril. Álvaro Cunqueiro.
Deica Abril
Quitando a pucha direiche
deica as rosas que veñen!
Carlota, Ofelia ou Pía
sexa un destes o teu nome ou outro,
deica as rosas que veñen!
Sob a choiva ou ao sol agárdame
non deixes que o vento te leve
morrer é moi doado
volverei aínda que co vento te foses,
que cinza sexan os ollos meus
que buscarte prometeron
cando volvan as rosas.
O tempo vai e vén e vira
eu feito de soños
sin saber quen ha morrer primeiro.
Deica as rosas que veñen
o corazón como a roda dun muíño,
días e días sin saber quen vivirá en abril
ti, Carlota, Ofelia ou Pía,
ou eu, xa perdido no tempo,
a pucha na man, hedra por dentro
e a poeira que escusa o rastro
das rosas que foron, perdido no mundo
deica as rosas que veñen!
Cunqueiro, Á. (1980), Herba aquí e acolá.
César Morán