Ouvín un paxaro. Antón Tovar.
Ouvín un paxaro
chiar nun regueiro,
que andaba na iauga
afiando o punteiro.
Olléi á tardiña
unha lúa grande
que viña de lonxe
prós montes de Ousande.
Andaban os ríos
falando baixiño
e cantarolaban
no son do muiño.
E chegada a noite
na cerdeira en frol
a lúa cantaba
como un rousiñol.
Era a primaveira
decatéime máis,
que se vai e morre
e nunca se vai.
Collín polos montes
bugallos e xestas
e fixen un maio
pra brincar nas festas.
Tovar, A., (1962), Arredores.