Hai sede na nova Galicia. Florencio Delgado Gurriarán.

Sede nos ermos outeiros
e nas poeirentas chairas,
nos arpados nopaleiros,
e nas enxoitas airas
Nas lagúas enlamadas
de arneiro xabre cinguidas
Sede nas irtas valgadas
e nas terras íspidas

Sede nas mortas aldeias,
nas congostras, nos carreiros
e nas queimantes areias
dos escoados regueiros

Nas árbores desfolladas
que erguen, en mudo queixume,
súas ponlas estordegadas,
fogueiras a arder sen lume

Os remuiños inxentes
como brasfemias ou pregos,
cara os ceios incrementes
ruben, nun pulo, dos regos
Sede en min nunca amatada,
sede en min xamáis dormida
da verde Terra arelada,
a das choivas benquerida

Sede o coiote ouveante,
sede a cobra pezoñenta

Sede a iguana cincenta
Os carneiros tosquiados, o armentío famento,
os pegureiros coitados…
Sede, universal tormento!

Os remuiños inxentes
como brasfemias ou pregos,
cara os ceios incrementes
ruben, nun pulo, dos regos
Sede en min nunca amatada,
sede en min xamáis dormida
da verde Terra arelada,
a das choivas benquerida,
da verde Terra arelada,
a das choivas benquerida

Da teixa, enrugada terra,
do azur, de cote a brilar,
do vento ardente que berra,
da natureza a esligar!

Os remuiños inxentes
como brasfemias ou pregos,
cara os ceios incrementes
ruben, nun pulo, dos regos
Sede en min nunca amatada,
sede en min xamáis dormida
da verde Terra arelada,
a das choivas benquerida
Os remuiños inxentes
como brasfemias ou pregos,
cara os ceios incrementes
ruben, nun pulo, dos regos
Sede en min nunca amatada,
sede en min xamáis dormida
da verde Terra arelada,
a das choivas benquerida

Delgado Gurriarán, F., (1963), Galicia infinda.

Dioivo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *