Sospeita. Lois Pereiro.

Debe ser que estou morto
e esa sería a causa
de que agora me vexa desde enriba
a catro ou cinco metros de distancia
da miña propia vida.
 
Vivo unha guerra fría e clandestina
á sombra dun amor que xa non dexenera
noutras insurreccións contra min mesmo
ou degradada negación do tempo
e non permite que con el se interne
a obsesión ou a dor que provocara
o fracaso que se foi infiltrando
fluíndo de insalubres sumidoiros
 
transformando a miña sedada alma
nunha fría fosa séptica sumisa e maina
pero alerta e activa
contaxiosa e letal.

Pereiro, Lois (1997), Poesía última de amor e enfermidade.

Alexandro González & Xabier Deive

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *