Noite. Eduardo Blanco Amor.

Abellas mouras da noite
zugan luz frol da lua.
-Abellas son os meus labios
pras froles da carne túa.-

No aceso lagar da noite
ferve de ensonos o viño.
-Coidame este amor borracho
que nos teus brazos aniño.-

Mazaira de prata a noite
esfollatando luceiros.
-Cosechan maduros bicos
nosos labios, seitureiros.-

Arden no xardín da noite
roseiras brancas de estrelas.
-Arden na tua boca rosas
i-eu quero quero queimarme n-elas.

Na ría moura da noite
anelada a barca da lua
-I-o meu amor navegante
anelouse na carne tua.-

Blanco Amor, Eduardo, (1930) in 3er Cartel

2nafronteira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *