Meses de inverno fríos. Rosalía de Castro.

Meses do inverno fríos,
que eu amo a todo amar;
meses dos fartos ríos
i o doce amor do lar.

Meses das tempestades,
imaxen da delor
que afrixe as mocedades
i as vidas corta en fror.

Chegade, e tras do outono
que as follas fai caer,
nelas deixá que o sono
eu durma do non ser.

E cando o sol fermoso
de abril torne a sorrir,
que alume o meu reposo,
xa non o meu sofrir.

Castro, Rosalía de (1880), Follas Novas.

O Val das Mouras

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *