Dis ma-ma-má. Xela Arias.

I
Dis ma-ma-má
e consegues oitos pasos seguidos sen axuda
cara a nós. ¿Vesme?
Son a nai que te pariu e coida
face-lo necesario porque avances.
II
¿Que é o necesario?
Coma sempre:
asumir que me equivoco e seguir investigando.
Coma sempre en min,
e máis contigo.

Arias, Xela, (1996) Darío a diario

Un par de cuncas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *