Nom sei se matei. Ricardo Carvalho Calero.

Non sei
se matei.
Estiven na trincheira.
Non vin
o meu nemigo.
Disparei.
Non sei
se matei.
Fun ferido.
Mais
non
sei
se
matei.
Toupa cega,
non teño outro ollo
que o ollo
do meu fusil.
Se cadra o ten visto
o meu nemigo.
Fun ferido.
Eu
non
sei
se matei.
Carvalho Calero, R., (1961-1980) (1982)  Futuro condicional 

Labazada. Se queres escoitar, preme aquí.

Alberte Lopez, André Ferreiro e Xoán Padín. Se queres escoitar, preme aquí.

Versión de Ruxe ruxe. Se queres escoitar, preme aquí

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *