Dogma. Carlos Suárez.

Son os intelixentes, os fortes, os elixidos pola evolución
os que controlan o poder e a pesar diso
son incapaces de vencer a ambición que os corroe,
non son máis que uns esqueléticos espectros da vaidade,
escravos dos seus vicios, sumidos nunha narcose que os fai crer que están vivos.
O seu sustento, o que lles dá a seguridade de estar como no útero materno,
é o dogma, material, inmutable, sólido, estable e silencioso como a morte.

Así andamos nas sombras do carbón, seguindo o son dun inferno mecánico
Así andamos nas sombras do carbón, seguindo o son dun inferno mecánico onde os cegos marchan cara ao abismo.

O dogma é quen controla politicamente o mundo,
e facilmente pode crear unha imaxe falsa das ontoloxías da diversidade,
considerando a súa vontade e libre albedrío,
nunha palabra a súa orixinalidade, é contraria ao plan único do progreso, lineal, e propiedade das culturas ou o imperio que os controla .
Os discursos da diversidade non son primitivos, anacrónicos, reaccionarios ou simplemente carentes de valor fronte ao hipercomplexo discurso teórico do dogma,

Así andamos nas sombras do carbón, seguindo o son dun inferno mecánico
Así andamos nas sombras do carbón, seguindo o son dun inferno mecánico
Así andamos nas sombras do carbón, seguindo o son dun inferno mecánico onde os cegos marchan cara ao abismo.

Suárez, Carlos, (2009), Alegorías do poder.

Se queres escoitar a versión de Tabula Rasa, preme aquí.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *