É na palma da vida. Ricardo Carvalho Calero

É na palma da vida

unha moeda gastada.

Ao carón ela está, tola,

dicendo: ¡Bebe-me as meixelas!

Mais el cala.

É na palma da vida
unha moeda gastada.
Ao seu carón ela está, tola,
dicendo: ¡Bebe-me as meixelas!
Mais el cala.
É na palma da vida
unha moeda gastada.
Ela está, tola, ao seu carón.
¡Alumia-te coa miña cabeleira!
¡Morde o pan do meu corpo se tes fame!
¡Se tes sede, sorbe a miña voz clara!
Mais el non quer sol,
nen pan,
nen água.
¿Qué queres, di?, ela di.
Mais el non quer nada.
Dos ollos saen-lle ortigas de faterna.
Abrolla-lle no peito unha edra mala.
El labra o seu sartego de siléncio
mentres, ao seu carón, a vida
oferece-lle, nua, a sua mazá.

Carvalho Calero, R., (1952) Poemas pendurados dun cabelo (1952)

O Portugués

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *