Declaración. Lois Pereiro.

Amarte, vida, amarte case sempre,
inda que sexas dura e leves entremedias
piedade e odio intermitente.

Es ti a que sempre educas e aceleras
a doenza letal dos que non se resignan
a ignorar como es en realidade:
somentes un traxecto
cómodo e aldraxante cara á morte,
un tránsito inútil e innecesario.

Pero a ignorancia salva ós que non queren
arriscarse a perderte tan axiña
a cambio da renuncia a profanarte.

E aqueles dentes que perdín
precisaríaos agora para defender
as conviccións nas que me reafirmo.

Solidario e amable, se é posible,
ou lobo estepario no desterro,
completarei o círculo insurxente
coas balas do desexo.

PEREIRO, Lois (1995) Poesía última de amor e enfermidade 1992-1995..

Tres trebóns e os homes sen medo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *