Na coba de Rosalía. Ramón Otero Pedrayo.

Mingoante malencóneco de outono
Envolveito en farrapos de neboeiras
¿Buscas, quizáis, n’un febrecente ensono
A céltiga deidá das carballeiras?

Ouvean, medoñentos, cás sin dono.
Bailan rondas de bruxas nas xesteiras
E pasa da estadea o grave tono
N’un tristeiro ruxir de follateiras.

Rachando os vidros da mañá frieira
Batelan as campás na louxanía…
E di o luar: “miña lús derradeira,

Meû morto crarexar antes do día.
Soilo busca con pena silandeira
A coba donde durme Rosalía!”

Otero Pedrayo, Ramón (1931) in Revista Internacional. O Soneto Neo-Latino. tomo IV (Vila Nova de Famaliçao).

2nafronteira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *