En Compostela pode un home. Xosé Luís Méndez Ferrín.

En Compostela pode un home

escoller óboe e docísimo cor ao contrapaso,
decaer nos tremendoiros
(VIBRA, CORAZON GASTADO!)
tenra especie de prantas espirais
e añuca ou seixo de xogar antre os dedos.

Pode pedra luída
alzarte sobre sí coma un guerreiro
é proclamado rei de oucas e carballeiras vellas.
En Compostela pode un vento duro
estremecer o corazon da Europa campesina
que todos temos dentro sen decilo.

En Compostela soan polonesas,
nacionalmente, en moitos plenilunios
cabo de trasparentes ollos, mortos,
e un barroco de bronce ergue paxaros de duro marmore
e oubear oubean os couselos
nas murallas de San Martiño Pinario.

En Compostela, enfín,
compañias de mortos compañeiros
comen caldo insumiso na lembranza ilustrada
(VOTO POR VÓS: ROSALIA, PONDAL, FARALDO)
das cabezas alzadas.

En Compostela esta 9o que perdemos
e vai nacendo noutros e esto é o grande milagre
(UNHA LAPA LENE, UNHA CANDELEXA!)
da conciencia desta patria
conservada en pequenos corazóns
ardentes con fogo doceque non morre.

En Compostela soterraron a semente
chamada Xohan Xesus Gonzalez. porta
dun futuro suntuoso e proletario
que avanza cara a nós con alboroto
e vénme o arreguizo somentes de pensalo e de amalo.

En Compostela estamos
moitos xa para sempre derrotados.

Méndez Ferrín, X. L., (1976), Con pólvora e magnolias.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *