Soldados. Xela Arias.

Soldados

Porque bebes na fonte das dúbidas, sospeitas.
Porque habíta-la esperanza, sancionas.
Así sabes ti da elevada simetría das batallas.
Así conviñas pola muda da historia.
Que tal ve-la necesaria imposible inocencia dun minúsculo/
poder calquera?
Abrázome noutra revolución pendente.
Non vou ser soldado.
Poño a man
e cáenme milleiros de causas comúns polos dedos estirados.
Non vou ser soldado.
Sancióna-la mesquindade que os desexos tamén gardan?
Porque se línda-la utopía, atrévete agora e avanza.
Tamén ti ocultas
verdadeiros motivos en risas desencaixadas.
Así que abrázate nesoutra revolución necesaria.
Sería-lo mellor soldado, e mais cantas veces
mórrenche tódalas batallas.

Arias, Xela,

Nacho Mora

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *