Non sofre Santa María. Afonso X.

Non sofre Santa María | de seeren perdidosos
os que as sas romarías | son de fazer desejosos.
Estrofa 1
E dest’ oíd’ un miragre | de que vos quéro falar,
que mostrou Santa María, | per com’ éu oí contar,
a ũus roméus que foron | a Rocamador orar
como mui bõos crischãos, | simplement’ e omildosos.
Non sofre Santa María | de seeren perdidosos…

E pois entraron no burgo, | foron pousada fillar
e mandaron comprar carne | e pan pera séu jantar
e vinno; e entre tanto | foron aa Virgen rogar
que a séu Fillo rogasse | dos séus rógos pïadosos
Non sofre Santa María | de seeren perdidosos…

Por eles e non catasse | de como foran errar,
mais que del perdôn ouvéssen | de quanto foran pecar.
E pois est’ ouvéron feito, | tornaron non de vagar
u o séu jantar tiínnan, | ond’ éran cobiiçosos.
Non sofre Santa María | de seeren perdidosos…

E mandaran nóve póstas | meter, asse Déus m’ ampar,
na ola, ca tantos éran; | mais poi-las foron tirar,
acharon end’ ũa menos, | que a serventa furtar
lles fora, e foron todos | porên ja quanto queixosos.
Non sofre Santa María | de seeren perdidosos…

E buscaron pela casa | pola poderen achar,
chamando Santa María | que lla quisésse mostrar;
e oíron en un’ arca | a pósta feridas dar,
e d’ ir alá mui correndo | non vos foron vagarosos.
Non sofre Santa María | de seeren perdidosos…

E fezéron lóg’ a arca | abrir e dentro catar
foron, e viron sa pósta | dacá e dalá saltar;
e saíron aa rúa | muitas das gentes chamar,
que viron aquel miragre, | que foi dos maravillosos
Non sofre Santa María | de seeren perdidosos…

Que a Virgen grorïosa | fezéss’ en aquel logar.
Des i fillaron a pósta | e fôrona pendorar
per ũa córda de seda | ant’ o séu santo altar,
loando Santa María, | que faz miragres fremosos.
Non sofre Santa María | de seeren perdidosos…

Afonso X

Kings & Beggars

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *