Limiar. Álvaro Cunqueiro.

Eu nascín
-entre as zocas e os lóstregos
na mitade da noite-
corenta e sete días despois do primeiro aeroplano.
Aínda colgaban do aramio da anteguerra todas as
intactas marabillas inauditas.

Eu traguía os dous meus ollos no seu sitio
e o meu corpo ezquerdo con áxil xogo indeciso nos cóbados.

Cando eu nascín tan soio a doce cousas lles faltaba
o nome preciso
i eu cheguei cun oco nas frontes e na man
pra atopar a indefinición das súas craridades navegantes.

Todo o meu nascimento foi unha hora nova
na que houbo que pechar os dormitorios e abrir
as chimeneas
pra acenar polas súas perfebas de fume
os panos enloitados da cociña

Decatádevos?

Cunqueiro, Álvaro (1933), Poemas do si e non.

Nacho Mora

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *