O guerrilleiro. Florencio Delgado Gurriarán.

Antón Arias. “Cavel”: un home inteiro,
un galego baril, rexo e dereito
que, de cote, sabía dal-o peito
levado do seu pulo xusticieiro.

Dos camiños do mundo viaxeiro
– que iso dos celtas foi sino escolleito –
noso heroi soupo á loita estar afeito
é firme percorreu o seu roteiro.

El quixo oporse, por amor a Terra,
aos borreiros da nosa liberdade
e, cun fato de irmáns, fíxolles guerra.

Os eidos defendeu coa sua xente
e ao consumarse o trunfo da ruindade
por Galiza morreu coma un valente.

Delgado Gurriarán, F.

Lara Villaverde e Fran Gómez

https://www.facebook.com/100001219436398/videos/677114600025529/

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *