Cantar dos topónimos. Florencio Delgado Gurriarán

Volten a Valdeorras os nomes xenoinos,
non máis Correjanes nin Vegamolinos.
si Veigamuiños e máis Correxais,
pois xa os castrapismos están por demáis.

Arriba Penouta, abaixo Penota,
que é nome en castrapo e rima con jota
Afóra Jaguaza, nome catofónico,
adiante Xaguaza, enxebre e eufónico.

Non trocan por Feles os galaicos neles
pronunciando el mar con la fue de Baceles.
de Vegadecado, Billoriotarielo
e Puertomorisco e Lepuricielo.
Ata Deus me salve non me andoafiais
e supercastrapo de Tintodiliais.

Hai xentes capaces, é cousa de rir
ó pobo de Cordo, con Cuerdo mo decis.
Hai xentes capaces, cousas pra chorar
ás mesmas Calleiras, Cajeras chamás.


E Arró de Leira , Arrué e de Lera.
Vichedes vosoutros cousa máis pavera?.
Que Deus lle perdoe a flebe cultura
ós que esmendrellaron a nomenclatura.

Delgado Gurriarán, F., (1981) Cantarenas. Poemas 1934-1980

Anxo Rei

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *